certificado -da

certificado -da
Plural: certificados Masculino: certificado Masculino plural: certificados Feminino: certificada Feminino plural: certificadas
  1. p reg

    certificar.

    1. s

      Documento expedido por un funcionario público ou por unha persoa autorizada legalmente que dá fe dun feito, do contido dun documento ou das circunstancias que constan en arquivos, rexistros ou libros de actas.

    2. certificado de boa conduta

      Documento expedido pola autoridade gobernativa que valora o comportamento social e político que se esixe para facer determinadas solicitudes ou para acceder a un cargo.

    3. certificado de medición [MAR ]

      Documento que acredita que unha embarcación se adapta ás características e dimensións da serie á que pertence.

    4. certificado de traballo [DER ]

      Documento que o empresario dá ao traballador no que consta a duración e o cargo do obreiro na empresa.

    5. certificado médico

      Documento redactado por un médico nun impreso oficial que constata un feito de orde médica.

  2. certificado de depósito [ECON ]

    Título de importe elevado, negociable a curto ou a medio prazo, cun rendemento marcado polo mercado monetario e que o emite unha entidade bancaria para financiar a súa tesouraría.