chave

chave

lat clave

Plural: chaves
    1. s

      Peza de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nun pecho para abrilo ou pechalo.

    2. chave mestra

      Chave que abre todos os pechos dun mesmo tipo de mecanismo.

  1. s f

    álvula que serve para abrir ou cerrar o paso dun líquido ou gas por un conduto. OBS: Tamén se denomina chave de paso.

  2. s f

    Peza dun circuíto eléctrico coa que se abre ou pecha o paso da corrente.

  3. s f

    Ferramenta que consiste nun mango ríxido acabado por un extremo ou polos dous, nunha forma que se axusta á cabeza dos parafusos ou das porcas para podelos apertar ou afrouxar.

  4. s f [LING ]

    Signo ortográfico { } que serve para incluír conxuntos, reunir diversas subdivisións dunha materia ou dun concepto, diversas palabras ou liñas.

  5. s f

    Rama do coñecemento que cómpre coñecer e aprobar para poder pasar a outra.

  6. s f

    Aquilo que permite explicar algo ou resolvelo.

  7. s f

    Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, a chave, normalmente provista de aspas, que está fincada no chan a certa distancia.

  8. s f [DEP ]

    Elemento técnico utilizado por un loitador para inmobilizar ou derrubar o adversario.

  9. s f

    Corda da que se tira para pechar a rede pola parte inferior e fai o copo ou bolsa nas redes de cerco.

  10. s f

    Atadura que se fai ao vincallo para atar os monllos.

  11. s f

    Madeiro do tear que impide que se mova o orgo.

    1. s

      Peza metálica por medio da que se poden pechar e abrir os orificios de certos instrumentos de vento.

    2. s

      Dispositivo mecánico que axuda aos dedos no control da abertura e peche dos orificios dun instrumento de vento.

    3. chave de afinar

      Peza de ferro cun orificio de forma poligonal nun dos seus extremos que, adaptado ás caravillas do piano e da arpa, serve para temperalos.

  12. chave abrazadeira [ARQUIT ]

    Pedra que pecha e asegura unha bóveda ou un arco arquitectónico.

  13. sistema de chave-pechadura [BIOQ ]

    Mecanismo de recoñecemento encimático que establece que a especificidade dun encima (pechadura), polo seu substrato (chave), procede das súas formas xeometricamente complementarias.

Sinónimos

Confrontacións

billa

Citas

  • A simpatía é a chave do seu éxito coas rapazas
  • Fixéronme mal a copia da chave e non dou aberta a pechadura
  • Fíxolle unha chave de judo que o deixou totalmente inmóbil
  • Teño que aprobar esta materia pois é a chave para poder estudiar o que eu quero

Frases feitas

  • Baixo chave. Nun lugar pechado con chave.

  • Baixo sete chaves. Gardar algo en lugar seguro.

  • Botar a chave. Pechar. Chaves do ceo/chaves de San Pedro. Chaves simb

Refráns

  • A chave custa pouco, pero vale moito.
  • As chaves na cinta e o can na cociña.
  • Ben boa é a chave que tódalas portas abre.
  • Dade ao demo a chave que tódalas portas abre.
  • O que ten a chave, cando quere, abre.
  • ¡Dou ao demo a chave que tódalas portas abre