"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

    1. Persoa ou cousa que é digna de ser imitada pola súa perfección.

      1. Cousa que se toma como obxecto de imitación co fin de reproducila.

      2. Persoa que pousa diante dun artista, na actitude que este quere reproducir en pintura, escultura ou debuxo.

      3. Representación en cera, arxila ou algún outro material maleable dun obxecto destinado a ser reproducido en pedra, mármore, bronce ou madeira.

    2. Tipo dunha cousa destinada á súa produción en serie.

      1. Representación simplificada da realidade, de forma icónica, analóxica ou simbólica.

      2. Maqueta feita a escala dun edificio, dun monumento ou dun detalle arquitectónico.

      3. Modelo que se emprega na ciencia económica que ten como elementos fundamentais as variables, as constantes (que corresponden aos elementos medibles) e as relacións (que especifican o tipo de conexión entre os elementos indicados).

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra lisa e moi dura, de forma cónica, que se emprega para moer pinturas ou medicamentos manualmente.

    2. Pequeno cilindro de aceiro, coa periferia dentada, que, aplicado a unha superficie lisa de metal, a torna rugosa.

    3. Cilindro de aceiro que serve para gravar os rolos dedicados a estampación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.            

    2. Dado un corpo de masa m que se move cunha velocidade v, vector p definido pola fórmula p = mv. OBS: Tamén se denomina cantidade de movemento, e é, en física, unha magnitude fundamental.

    3. alor determinado polo parámetro na representación paramétrica dunha curva. Este parámetro, en física, é sempre o tempo.

    4. Momento do vector momento lineal dunha partícula respecto a un punto arbitrario A. O momento angular tamén se denomina momento cinético ou cantidade de movemento angular e, no caso dun sistema de partículas, defínese como a suma dos momentos angulares das partículas do sistema.

    5. Momento M, respecto a calquera punto, da resultante das forzas aerodinámicas que actúan sobre unha á.

    6. Momento flexor que actúa sobre a sección transversal dunha viga a rentes do seu engaste.

    7. Momento do par de estabilidade dun corpo e especialmente dunha nave que flota.

    8. Suma alxébrica de todos os pares que, nun eixe sometido a torsión, se sitúan nunha banda da sección considerada.

    9. Nunha distribución de cargas eléctricas en repouso, coeficiente do termo 1/r2 que aparece ao desenvolver o potencial creado polas cargas nun punto do espazo en serie de potencias de 1/r.

    10. Dado un punto A e un vector v aplicado a un punto P, vector M igual ao produto vectorial do vector AP polo vector v, é dicir: M = AP = v. No caso de que o vector v represente unha forza, o vector M chámase momento da forza respecto ao punto A.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que soamente hai unha substancia, respecto á que se nega toda outra substancia ou simplemente se reduce á manifestación da outra. Fundamentalmente reducionista, o monismo pódese dividir en dous tipos: o místico, con Plotino como representante típico, e o panteísta, representado por Spinoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Primate superior, en particular os da familia dos cercopitécidos.

      2. Primate platirrino arborícola que pertence ao xenero Ateles, da familia dos cébidos, que presenta extremidades longas e rabo prénsil e longo, e que se alimenta de froita e insectos.

      3. capuchino.

      4. Mamífero, da familia dos cercopitécidos. Habita nas zonas boscosas de Marrocos e de Alxeria e atópase tamén en Xibraltar, pero crese que neste último lugar foi introducido.

      5. narigudo.

      6. Mamífero, da familia dos cébidos, pertencente ao xénero Alouatta. Son simios de cola prénsil e talla grande, que grazas á caixa de resonancia do seu óso hiodes teñen unha poderosa voz.

      7. Mamífero da familia dos cercopitécidos, gregarios, que se alimentan de froitas, follas, sementes e invertebrados e habita en todo tipo de bosques.

    1. Persoa que fai o mono ou monadas.

    2. Síndrome de abstinencia dun drogadicto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao monte.

    2. Aplícase ao piso de vexetación comprendida entre o piso basal e o piso subalpino, e que se corresponde coa montaña media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación natural do terreo de tamaño considerable.

    2. Terreo non cultivado cuberto de vexetación expontánea ou árbores.

    3. Morea de cousas colocadas unhas enriba das outras.

    4. Problema de difícil solución.

    5. Conxunto de cartas da baralla ou de fichas do dominó que quedan despois de repartir para iniciar a partida.

    6. Terreo non cultivado que pertence a unha parroquia.

    7. Establecemento benéfico que fai préstamos, xeralmente peñorativos, de bens mobles, con interese módico.

    8. Rexión púbica da muller en forma de saínte redondeado que se sitúa diante e por riba do orificio vulvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea, da familia das brasicáceas, anual, de follas liradas pinnatipartidas. As súa flores son amarelas dispostas en acios e o froito en silicua curta provista dun longo bico. OBS: Tamén se denomina mostaza branca.

      2. Planta herbácea, da familia das brasicáceas, anual, coas follas inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas. As súas flores son amarelas, dispostas en acios, e os froitos son silicuas. As sementes úsanse na preparación da salsa de mostaza.

    1. Derivado da iperita no que se substitúe o xofre por nitróxeno, para evitar o efecto tóxico vesicante. Permite obter efectos biolóxicos sobre diferentes tumores.

    2. iperita.

    3. Salsa pastosa elaborada a base da semente da mostaza negra e sazonada con vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas con pintas brancas e as inferiores brancas con liñas anchas e escuras.

      2. Ave nocturna, estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas, as inferiores listadas de cor parda escura, e o iris amarelo. Aliméntase de pequenos vertebrados e insectos.

      3. Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores con manchas pardas escuras e as inferiores con listas pardas.

      4. Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas, e as inferiores brancas e riscadas e o iris amarelo. Presenta unhas plumas na cabeza a modo de orellas e é a única ave rapaz nocturna que carece de plumas nas dedas.

    1. Crustáceo decápodo, da sección dos anomuros, que presenta a cuncha máis longa que ancha e un par de patas grosas que rematan en fortes pinzas.

    2. Que é moi adormentado, pouco animado e que case non fala. Tm s, referido a persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción pola que un corpo ou algunha das súas partes cambia de lugar ou de posición.

      2. Maneira peculiar de moverse unha ameba ou un leucocito pola emisión de pseudópodos.

      3. Movemento que se produce no corpo independentemente da vontade.

      4. Movemento involuntario e rápido, que se produce sen causa aparente, en repouso e en acción, ilóxico e desordenado, observado nas distintas variedades da corea.

      5. Movemento provocado por un factor externo que actúa como excitante.

      1. Alteración na maneira de ser.

      2. Primeira manifestación dun efecto ou dun sentimento.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO