mono -na
ár maimûn ‘feliz’?
-
-
s
Primate superior, en particular os da familia dos cercopitécidos.
-
mono araña
Primate platirrino arborícola que pertence ao xenero Ateles, da familia dos cébidos, que presenta extremidades longas e rabo prénsil e longo, e que se alimenta de froita e insectos.
-
mono capuchino
capuchino.
-
mono de Xibraltar [Macaca sylvanus]
Mamífero, da familia dos cercopitécidos. Habita nas zonas boscosas de Marrocos e de Alxeria e atópase tamén en Xibraltar, pero crese que neste último lugar foi introducido.
-
mono narigudo
narigudo.
-
mono ouveador
Mamífero, da familia dos cébidos, pertencente ao xénero Alouatta. Son simios de cola prénsil e talla grande, que grazas á caixa de resonancia do seu óso hiodes teñen unha poderosa voz.
-
mono rhesus [Macaca mulatta]
Mamífero da familia dos cercopitécidos, gregarios, que se alimentan de froitas, follas, sementes e invertebrados e habita en todo tipo de bosques.
-
s
-
s
Persoa que fai o mono ou monadas.
-
s
m col
[PAT ]
Síndrome de abstinencia dun drogadicto.
Sinónimos
Frases feitas
-
Facer/pintar a mona/o mono. Facer o parvo.