mostaza
lat mustacĕu ‘de mosto’
-
-
s
Planta herbácea, da familia das brasicáceas, anual, de follas liradas pinnatipartidas. As súa flores son amarelas dispostas en acios e o froito en silicua curta provista dun longo bico. OBS: Tamén se denomina mostaza branca.
-
mostaza negra [Brassica nigra]
Planta herbácea, da familia das brasicáceas, anual, coas follas inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas. As súas flores son amarelas, dispostas en acios, e os froitos son silicuas. As sementes úsanse na preparación da salsa de mostaza.
-
s
-
mostaza nitroxenada
[MED ]
Derivado da iperita no que se substitúe o xofre por nitróxeno, para evitar o efecto tóxico vesicante. Permite obter efectos biolóxicos sobre diferentes tumores.
-
gas mostaza
[QUÍM ]
iperita.
-
salsa de mostaza
Salsa pastosa elaborada a base da semente da mostaza negra e sazonada con vinagre.