movemento

movemento

mover

Plural: movementos
    1. s [FÍS ]

      Acción pola que un corpo ou algunha das súas partes cambia de lugar ou de posición.

    2. movemento ameboide [BIOL ]

      Maneira peculiar de moverse unha ameba ou un leucocito pola emisión de pseudópodos.

    3. movemento automático [FÍS ]

      Movemento que se produce no corpo independentemente da vontade.

    4. movemento coreico [PAT ]

      Movemento involuntario e rápido, que se produce sen causa aparente, en repouso e en acción, ilóxico e desordenado, observado nas distintas variedades da corea.

    5. movemento paratónico/inducido [FÍS ]

      Movemento provocado por un factor externo que actúa como excitante.

  1. s m
    1. Alteración na maneira de ser.

    2. Primeira manifestación dun efecto ou dun sentimento.

  2. s m
    1. [ARTE/LIT/MÚS ]

      Animación ou vivacidade dunha descrición literal, dunha obra de arte ou dunha peza teatral.

    2. [ARTE ]

      Efecto da combinación das liñas, da luz e da sombra.

  3. s m
    1. Conxunto de manifestacións artísticas ou ideolóxicas, cunha certa unidade de trazos característicos, que supoñen un cambio respecto á época anterior.

    2. Corrente de opinión ou tendencia artística que recolle e tipifica o movemento correspondente.

    3. Conxunto de persoas que integran un movemento, as súas actividades e as súas obras.

    1. movemento aparente

      Movemento que un astro describe sobre a esfera celeste.

    2. movemento directo

      Movemento orbital dun corpo arredor do Sol, ou dun satélite arredor do correspondente planeta, que se produce no sentido oeste-leste.

    3. movemento diúrno

      Movemento aparente dun astro, realizado no sentido leste-oeste, causado pola rotación da Terra en torno ao seu eixe.

    4. movemento espacial

      Movemento dun astro no espazo.

    5. movemento propio

      Movemento aparente dunha estrela causado pola súa variación de posición da súa órbita no espazo e polo cambio de posición relativa entre a estrela e o Sol.

    6. movemento radial

      Compoñente do movemento dun astro na dirección da visual de observador, acercándose e afastándose da Terra.

    7. movemento retrógrado

      Movemento orbital de sentido oposto ao movemento directo.

    1. s

      ariación, nun sistema material, co tempo da súa posición respecto a un sistema de referencia.

    2. movemento absoluto

      Movemento dun corpo que se move en relación a determinados corpos ou puntos de referencia que se supoñen fixos.

    3. movemento acelerado

      Movemento no que a aceleración non é nula e pode ser positiva ou negativa.

    4. movemento circular uniforme

      Movemento no que a velocidade é constante en módulo e variable en dirección, e a aceleración tanxencial nula.

    5. movemento harmónico

      Movemento periódico no que a lei de variación co tempo é unha función harmónica.

    6. movemento rectilíneo uniforme

      Movemento no que a velocidade é constante en módulo e a dirección e calquera aceleración é nula.

    7. movemento rectilíneo uniformemente acelerado

      Movemento no que o módulo da velocidade é variable e a dirección é constante, como tamén o módulo de aceleración que, ademais, ten a mesma dirección ca a velocidade.

    8. movemento vibratorio harmónico

      Movemento no que tanto a velocidade como a aceleración non son constantes.

  4. s m [MAT ]

    Aplicación dun espazo métrico no que se conserva a distancia e na que o grupo de movementos do plano está xerado polas asimetrías axiais. Actualmente téndese a chamar isometría.

  5. s m [BÉL ]

    Evolución de tropas.

    1. s

      Grao da velocidade na interpretación dun segmento musical.

    2. s

      Nome que se dá ás diferentes partes que forman unha composición musical.

    3. movemento contrario

      Movemento melódico que se establece entre dúas partes musicais, mentres unha ascende, a outra descende.

    1. s [POLÍT ]

      Corrente ou ideoloxía política.

    2. movemento agrario / [HIST/POLÍT ]

      agrarismo.

    3. movemento militar / [BÉL/POLÍT ]

      Sublevación militar contra un goberno constituído.

    4. movemento obreiro [POLÍT ]

      Actuación da clase obreira para liberarse da explotación capitalista.

    5. movemento revolucionario / [BÉL/POLÍT ]

      Movemento que busca a revolución.

    1. s

      Movemento da xente e dos coches que circulan nunha rúa.

    2. movemento dun porto

      Movemento de entrada e saída de naves nun porto.

  6. movemento da terra [XEOL ]

    Desprazamento das masas continentais terrestres que, segundo as forzas que os producen, poden ser epiroxénicos e oroxénicos.

  7. movemento de terras [CONSTR ]

    Conxunto de operacións de extracción e transporte de terra e rochas que se fai na preparación dun terreo para construír unha estrada ou unha vía férrea.

  8. movementos internacionais de capital [ECON ]

    Transaccións de capital efectuadas entre países ou organizacións internacionais.

Palabras veciñas

mouteira movedizo -za movella movemento mover movíbel movible