moucho

moucho

lat v *noctuolu

Plural: mouchos
    1. moucho pirenaico [Aegolius funereus]

      Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas con pintas brancas e as inferiores brancas con liñas anchas e escuras.

    2. s

      Ave nocturna, estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas, as inferiores listadas de cor parda escura, e o iris amarelo. Aliméntase de pequenos vertebrados e insectos.

    3. moucho emigrante [Asio flammeus]

      Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores con manchas pardas escuras e as inferiores con listas pardas.

    4. moucho de orellas [Otus scops]

      Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas, e as inferiores brancas e riscadas e o iris amarelo. Presenta unhas plumas na cabeza a modo de orellas e é a única ave rapaz nocturna que carece de plumas nas dedas.

  1. moucho bravo [ANIMAL ]

    Crustáceo decápodo, da sección dos anomuros, que presenta a cuncha máis longa que ancha e un par de patas grosas que rematan en fortes pinzas.

  2. adx fig

    Que é moi adormentado, pouco animado e que case non fala. Tm s, referido a persoa.

Sinónimos

Frases feitas

  • Ser feo coma un moucho. Ser moi feo.

Refráns

  • Cada moucho no seu souto.
  • ¡Moucho, dámo e doucho!

Palabras veciñas

motriz motu proprio* moucha moucho moucho mouco -ca moufa