"ECL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 467.

    1. Acción e efecto de dobrar ou dobrarse.

    2. Exercicio ximnástico que consiste na extensión e repregamento dalgunha articulación co obxectivo de traballar a musculatura que intervén nese movemento.

    3. ariación paradigmática que, nas linguas flexionais, afecta á forma de determinadas palabras para marcar a súa función e as relacións que manteñen con outras palabras copresentes no enunciado. Chámase declinación á flexión nominal e conxugación á flexión verbal.

    4. Dobramento das capas xeolóxicas debido a presións tectónicas, sen que estas cheguen a producir ruptura.

      1. Acción á que se somete un corpo elástico que se dobra polo efecto do seu peso ou de cargas externas.

      2. Dobramento dun corpo flexible baixo a acción de forzas externas ou do seu propio peso.

    5. Ensaio ao que se somete unha viga para calcular a frecha producida por unha carga determinada.

    6. Inclinación do corpo do útero respecto ao colo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a san Francisco de Asís e aos relixiosos que seguen a súa regra.

      1. Membro da orde mendicante fundada por san Francisco de Asís en 1208.

      2. Congregación relixiosa que se declara herdeira da orde mendicante fundada por san Francisco de Asís, a orde dos Irmáns Menores (Ordo Fratrum Minorum).

      3. Liña do pensamento filosófico teolóxico propia dos franciscanos durante a Idade Media que, próxima ao agostinismo, se opuxo ao tomismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Engano consciente co que se prexudica a outro en beneficio de quen o realiza.

    2. Cousa de mala calidade ou que defrauda.

    3. Acción contraria á lei ou aos dereitos que dela se derivan, coa intención de tirar un proveito a custa do Estado ou doutros.

    4. Intención de prexudicar a alguén ou de aproveitarse dun erro seu en beneficio propio, tanto no momento de celebrarse un acto ou contrato como durante a súa execución.

    5. Acción de falsear as declaracións ao fisco ou de cometer actos maliciosos en prexuízo deste, coa intención de eludir as obrigas fiscais.

    6. Negocio xurídico que pode ser obxecto de rescisión cando o debedor priva aos seus acredores da posibilidade de satisfacer os seus créditos.

    7. Acción realizada ao amparo do texto dunha norma encamiñada a obter un resultado contrario a dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Frixia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo frixio.

    3. Pobo de orixe indoeuropea que se estableceu en Asia Menor cara ao s XII a C e que, tras a caída do Imperio Hitita no s XI a C, formou o Reino de Frixia.

    4. Lingua indoeuropea que se falaba antigamente en Asia Menor.

      1. Primeiro modo antigo da música grega clásica que consistía nunha escala descendente que comezaba e remataba en re.

      2. Modo eclesiástico, dos oito dos que consta a música medieval, formado polos tetracordos mi-fa-sol-la e si-do-re-mi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fundar.

    2. Establecemento ou institución de carácter benéfico, piadoso ou cultural, que se funda e se mantén con bens dun particular.

      1. Organización pública ou privada, sen finalidade lucrativa, constituída por persoas físicas ou xurídicas para a realización de obxectivos de interese xeral.

      2. Patrimonio deixado a unha persoa moral eclesiástica a cambio de celebrar misas ou outras funcións eclesiásticas cos seus intereses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claro moi feble que aparece no ceo, sobre a ecliptíca, a uns 180° do Sol. OBS: Tamén se denomina claro antisolar ou luz antisolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto sonoro producido nun instrumento musical que consiste nunha sucesión sonora moi rápida dunha serie de notas contiguas dunha escala, que se obtén por procedementos mecánicos, deixando esvarar o dedo polo teclado ou polas cordas do instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que goberna. Tm s.

      1. Xefe superior encargado do mando dunha provincia, cidade, territorio ou establecemento público. Segundo o xénero de xurisdición que exerce, recibe o nome de gobernador civil, militar ou eclesiástico.

      2. Oficial xeneral que exerce o mando sobre as forzas militares nunha provincia militar do Estado español.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Froito ou semente dos cereais.

      2. Semente doutros froitos, redondeada e sen casca.

    1. Froito ou semente que forma parte dun agregado.

    2. Parte ou porción redondeada e moi pequena de algo.

      1. Cada unha das desigualdades saíntes, comparables a pequenos grans, dunha superficie.

      2. gránulo.

      3. Pequena tumoración vesicular ou papulosa da pel, normal ou patolóxica, que recorda as sementes dos cereais.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moza xaponesa educada na danza, no canto, na declamación e na arte de servir o té, e que entretén os homes en convites públicos ou privados.

    VER O DETALLE DO TERMO