flexión
lat flexĭōne
-
s
f
Acción e efecto de dobrar ou dobrarse.
-
s
f
[DEP ]
Exercicio ximnástico que consiste na extensión e repregamento dalgunha articulación co obxectivo de traballar a musculatura que intervén nese movemento.
-
s
f
[LING ]
ariación paradigmática que, nas linguas flexionais, afecta á forma de determinadas palabras para marcar a súa función e as relacións que manteñen con outras palabras copresentes no enunciado. Chámase declinación á flexión nominal e conxugación á flexión verbal.
-
s
f
[XEOL ]
Dobramento das capas xeolóxicas debido a presións tectónicas, sen que estas cheguen a producir ruptura.
-
s
f
-
Acción á que se somete un corpo elástico que se dobra polo efecto do seu peso ou de cargas externas.
-
Dobramento dun corpo flexible baixo a acción de forzas externas ou do seu propio peso.
-
-
ensaio de flexión
[TECNOL ]
Ensaio ao que se somete unha viga para calcular a frecha producida por unha carga determinada.
-
flexión uterina
[FISIOL ]
Inclinación do corpo do útero respecto ao colo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].