frixio -xia

frixio -xia

lat Phrygĭu

Plural: frixios Masculino: frixio Masculino plural: frixios Feminino: frixia Feminino plural: frixias
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Frixia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do pobo frixio.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo de orixe indoeuropea que se estableceu en Asia Menor cara ao s XII a C e que, tras a caída do Imperio Hitita no s XI a C, formou o Reino de Frixia.

  4. s m [LING ]

    Lingua indoeuropea que se falaba antigamente en Asia Menor.

  5. modo frixio
    1. Primeiro modo antigo da música grega clásica que consistía nunha escala descendente que comezaba e remataba en re.

    2. Modo eclesiástico, dos oito dos que consta a música medieval, formado polos tetracordos mi-fa-sol-la e si-do-re-mi.

Palabras veciñas

frixideira frixidez fríxido -da frixio -xia frixir froallar froallo