fundación

fundación

lat fundatĭōne

Plural: fundacións
  1. s f

    Acción de fundar.

  2. s f

    Establecemento ou institución de carácter benéfico, piadoso ou cultural, que se funda e se mantén con bens dun particular.

    1. s [DER ]

      Organización pública ou privada, sen finalidade lucrativa, constituída por persoas físicas ou xurídicas para a realización de obxectivos de interese xeral.

    2. [RELIX ]

      Patrimonio deixado a unha persoa moral eclesiástica a cambio de celebrar misas ou outras funcións eclesiásticas cos seus intereses.