gran
lat granu
-
s
m
-
Froito ou semente dos cereais.
-
Semente doutros froitos, redondeada e sen casca.
-
-
s
m
[BOT ]
Froito ou semente que forma parte dun agregado.
-
s
m
Parte ou porción redondeada e moi pequena de algo.
-
s
m
-
Cada unha das desigualdades saíntes, comparables a pequenos grans, dunha superficie.
-
[BIOL ]
gránulo.
-
[PAT ]
Pequena tumoración vesicular ou papulosa da pel, normal ou patolóxica, que recorda as sementes dos cereais.
-
-
s
m
-
Unidade de conta siciliana empregada na Idade Media e que en 1222 valía 1/600 dunha onza de ouro.
-
Moeda napolitana de prata cuñada durante o reinado de Filipe II.
-
Moeda siciliana de bronce cuñada en Messina e máis tarde en Palermo, que desapareceu tras a unificación de Italia.
-
Moeda napolitana de bronce cuñada durante o reinado de Filipe IV.
-
-
s
m
Medida de peso que correspondía á vixésimo cuarta parte do denario.
-
s
m
Cuarta parte do quilate, que se emprega para medir a lei ou fino, cantidade de metal precioso, nunha liga de ouro.
-
gran de Baily/de rosario
[ASTRON ]
Aspecto que presenta a estreita porción luminosa da superficie solar ao final ou ao principio da fase de totalidade dun eclipse solar.
-
grande angular
[IND/ARTE ]
Obxectivo de focal curta extrema.
Citas
- Bótalle uns grans de millo ás galiñas
- Cando foron de viaxe trouxéronme estes grans de café
- Ten os zapatos cheos de grans de area
- Unha pedra de gran fino