"Meri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 431.

    1. Relativo ou pertencente aos láguidas.

    2. Individuo do pobo láguida.

    3. Pobo indíxena de América do Sur, antigamente disperso polo extremo meridional de América do S, a Terra de Fogo e as illas veciñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Languedoc ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Languedoc.

    3. ariedade lingüística do occitano meridional que se fala na rexión de Languedoc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio para debuxar e escribir, constituído por unha mina de grafito incluída nunha barra cilíndrica ou prismática de madeira.

    2. Debuxo feito a lapis.

    3. Barra de material cosmético que se emprega para pintar os labios, as pálpebras dos ollos ou as cellas.

    4. Barra de pastel empregada na realización de debuxos sobre vidro esmerilado, porcelana ou esmalte cerámico sen vernizar.

    5. Lapis especial que se emprega en medicina para facer marcacións na pel.

    6. Lapis que se usa para debuxar sobre a pedra. Está formado por xabón, cera, sebo e negro de fume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a América Latina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de América Latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión que ten un espazo xeográfico.

      1. Distancia que hai desde un punto calquera da esfera terrestre ao ecuador. Mídese en graos (de 0? a 90?) a partir do ecuador, xa sexa cara ao N ou cara ao S, seguindo o meridiano que pasa polo lugar ou punto de referencia.

      2. Rexión ou localidade en canto á súa latitude.

    2. Grao de sobreexposición ou subexposición que tolera un material fotográfico sen estragalo.

    3. Zona ou parte imprecisa da Terra.

    4. Ángulo determinado polo plano da eclíptica e a dirección dun astro, que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste.

    5. Ángulo determinado polo ecuador galáctico e a dirección dun astro, que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. A maior das dimensións dunha superficie, en oposición ao largo.

      2. A maior das dúas dimensións horizontais nun corpo tridimensional.

      3. Distancia mínima entre dous puntos que se atopan no mesmo estado de variación, na propagación dun movemento ondulatorio. Represéntase coa letra grega lambda, λ.

      4. Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada na proporción axeitada cunha luz cromática dada, permite reconstruír unha luz acromática patrón.

      5. Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada coa luz acromática patrón, permite reconstruír unha luz cromática dada. É a magnitude colorimétrica correspondente ao ton.

    1. Distancia en graos, medidos sobre o ecuador, que hai desde un lugar ao meridiano de orixe, que é o que pasa polo observatorio de Greenwich, a partir do que se conta negativamente de 0º a 180º cara ao O e positivamente de 0º a 180º cara ao L.

    2. Arco da eclíptica determinado polo punto vernal e a intersección do círculo máximo que pasa polo astro, medido en sentido directo.

    3. Arco do círculo fundamental galáctico determinado polo círculo máximo que pasa polo astro e un punto que se toma como orixe, fixado por convenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Curva dunha superficie de revolución que forma coas xeratrices un ángulo constante.

    2. Curva abombada descrita sobre a superficie esférica terrestre por un punto que xira ao redor do polo afastándose continuamente cortando os meridianos cun ángulo constante. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade do que é luminoso.

      2. Calidade de luminoso dun obxectivo ou dunha óptica.

    1. Atributo da sensación visual segundo o que unha superficie determinada semella emitir máis ou menos luz. Constitúe unha das características da sensación de cor. Denominada tamén brillantez, é aproximadamente o correspondente psicosensorial da magnitude fotométrica que se coñece como luminancia.

    2. Fluxo enerxético total emitido por un astro. OBS: Tamén se denomina luminosidade verdadeira ou intrínseca.

    3. Fluxo luminoso que, observado desde a Terra, semella provir dun astro. Mídese numericamente mediante a magnitude aparente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo luo ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo luo.

    3. Pobo de África Oriental procedente do S do Nilo. É unha das etnias máis importantes numericamente de Kenya e habitan nas beiras do lago Vitoria.

    4. Lingua nilo-sahariana que fala o pobo luo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División estratigráfica do Xurásico Superior intercalado entre o Kimmeridxiano e o Oxfordiano, e que comprendía como subestadios o Argoviano, o Rauraciano e o Secuaniano, e que hoxe son considerados como facies do Oxfordiano e do Kimmeridxiano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO