luo

luo
Plural: luos
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo luo ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do pobo luo.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo de África Oriental procedente do S do Nilo. É unha das etnias máis importantes numericamente de Kenya e habitan nas beiras do lago Vitoria.

  4. s m [LING ]

    Lingua nilo-sahariana que fala o pobo luo.

Palabras veciñas

lunisolar luns lúnula luo lupa lupaca lupanar