lonxitude

lonxitude

lat longitūdĭne

Plural: lonxitudes
    1. s

      A maior das dimensións dunha superficie, en oposición ao largo.

    2. s

      A maior das dúas dimensións horizontais nun corpo tridimensional.

    3. lonxitude de onda [FÍS ]

      Distancia mínima entre dous puntos que se atopan no mesmo estado de variación, na propagación dun movemento ondulatorio. Represéntase coa letra grega lambda, λ.

    4. lonxitude de onda complementaria [FÍS ]

      Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada na proporción axeitada cunha luz cromática dada, permite reconstruír unha luz acromática patrón.

    5. lonxitude de onda dominante [FÍS ]

      Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada coa luz acromática patrón, permite reconstruír unha luz cromática dada. É a magnitude colorimétrica correspondente ao ton.

  1. s f [XEOG ]

    Distancia en graos, medidos sobre o ecuador, que hai desde un lugar ao meridiano de orixe, que é o que pasa polo observatorio de Greenwich, a partir do que se conta negativamente de 0º a 180º cara ao O e positivamente de 0º a 180º cara ao L.

  2. lonxitude celeste [ASTRON ]

    Arco da eclíptica determinado polo punto vernal e a intersección do círculo máximo que pasa polo astro, medido en sentido directo.

  3. lonxitude galáctica [ASTRON ]

    Arco do círculo fundamental galáctico determinado polo círculo máximo que pasa polo astro e un punto que se toma como orixe, fixado por convenio.

Sinónimos

Citas

  • Descoñezo a lonxitude desta cinta
  • O autobús ten máis lonxitude do habitual