latitude

latitude

lat latitudĭne

Plural: latitudes
  1. s f

    Extensión que ten un espazo xeográfico.

  2. s
    1. Distancia que hai desde un punto calquera da esfera terrestre ao ecuador. Mídese en graos (de 0? a 90?) a partir do ecuador, xa sexa cara ao N ou cara ao S, seguindo o meridiano que pasa polo lugar ou punto de referencia.

    2. Rexión ou localidade en canto á súa latitude.

  3. s f [IMAX ]

    Grao de sobreexposición ou subexposición que tolera un material fotográfico sen estragalo.

  4. s f pl

    Zona ou parte imprecisa da Terra.

  5. latitude celeste [ASTRON ]

    Ángulo determinado polo plano da eclíptica e a dirección dun astro, que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste.

  6. latitude galáctica [ASTRON ]

    Ángulo determinado polo ecuador galáctico e a dirección dun astro, que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste.

Citas

  • A vexetación varía segundo a latitude