lapis

lapis

ital lapis lat lapĭde ‘pedra’

Plural: lapises
  1. s m

    Utensilio para debuxar e escribir, constituído por unha mina de grafito incluída nunha barra cilíndrica ou prismática de madeira.

  2. s m

    Debuxo feito a lapis.

  3. s m

    Barra de material cosmético que se emprega para pintar os labios, as pálpebras dos ollos ou as cellas.

  4. lapis cerámico [ARTE ]

    Barra de pastel empregada na realización de debuxos sobre vidro esmerilado, porcelana ou esmalte cerámico sen vernizar.

  5. lapis dermográfico [MED ]

    Lapis especial que se emprega en medicina para facer marcacións na pel.

  6. lapis litográfico [ARTE ]

    Lapis que se usa para debuxar sobre a pedra. Está formado por xabón, cera, sebo e negro de fume.

Formas incorrectas

lápiz