luminosidade
luminosidade
luminoso
-
s
f
-
Calidade do que é luminoso.
-
Calidade de luminoso dun obxectivo ou dunha óptica.
-
-
s
f
[FÍS ]
Atributo da sensación visual segundo o que unha superficie determinada semella emitir máis ou menos luz. Constitúe unha das características da sensación de cor. Denominada tamén brillantez, é aproximadamente o correspondente psicosensorial da magnitude fotométrica que se coñece como luminancia.
-
luminosidade absoluta
[ASTRON ]
Fluxo enerxético total emitido por un astro. OBS: Tamén se denomina luminosidade verdadeira ou intrínseca.
-
luminosidade aparente
[ASTRON ]
Fluxo luminoso que, observado desde a Terra, semella provir dun astro. Mídese numericamente mediante a magnitude aparente.