"respectivamente" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 30.

    1. Acción ou efecto de intercambiar.

    2. Cambio ou permuta de bens e servizos que realizan dúas ou máis persoas, sociedades ou entes entre si.

    3. Fenómeno que ten lugar entre dúas masas de aire.

    4. Acto diplomático constituído por dous documentos ou máis que se dirixen mutuamente os representantes de dous gobernos.

    5. Proceso químico-físico segundo o que, ao pórse en contacto unha solución iónica cun intercambiador iónico, esta experimenta a fixación dos catións ou dos anións, co cambio, respectivamente, de cantidades equivalentes de catións ou de anións, procedentes do intercambiador, que son liberados do seu retículo e pasan á solución.

    6. Substitución mutua de átomos dun mesmo elemento, entre dúas moléculas, pero isotopicamente diferentes.

    7. Fenómeno que ten lugar durante o entrecruzamento e que consiste nun cambio entre segmentos equivalentes dunha parella de cromosomas e, polo tanto, de material xenético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de organización corporal das esponxas que se caracteriza por presentar cámaras flaxeladas no interior dos canais incurrentes. A auga entra e sae das cámaras polos condutos aferentes e eferentes respectivamente. Este tipo de organización é común en esponxas coloniais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura que resulta do fraccionamento electroforético das lipoproteínas do soro sanguíneo. Está constituído por catro bandas formadas, respectivamente, por quilomicróns, β-lipoproteínas pre-β-lipoproteínas e α-globulinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga relixión iraniana, de orixe dualista. Baseouse no confrontamento dos principios do ben e do mal, personificados en Ormazd e Ahrimān, respectivamente. O papel de salvador (shaosyant) correspondía a Zoroastro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de unidades físicas que se emprega en mecánica, no que as magnitudes básicas son a lonxitude, a masa, o tempo e a corrente eléctrica. As unidades correspondentes son o metro (m), o quilogramo (kg), o segundo (s) e o ampere (A), respectivamente. Ao engadir o kelvin, a candela e o mol, formouse o sistema internacional de unidades (SI).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mudar ou de mudarse.

    2. Proceso de cambio das estruturas epidérmicas protectoras de determinados animais, especialmente dos artrópodos, dos réptiles, das aves e dos mamíferos. Este fenómeno implica o cambio da epiderme, das plumas, dos cornos e da pelame, respectivamente, e vai unido ás necesidades de crecemento, a fenómenos sexuais ou á adaptación a un medio flutuante.

    3. Conxunto de roupa que se pon dunha vez, especialmente a branca ou interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Patagonia ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Patagonia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo patagón.

      2. Individuo do pobo patagón.

      3. Pobo indíxena de América do Sur, formado polos pobos ona e tehuelche, que viven en Patagonia e en Tierra de Fuego respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suma formal de produtos de números, denominados coeficientes, por elementos denominados variables, ás que se lle atribúen só as propiedades alxébricas máis simples.

    2. Proposición segundo a que se dous polinomios de grao n nunha variable toman os mesmos valores numéricos para máis de n valores da variable, son idénticos, é dicir, teñen os coeficientes respectivamente iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de síntomas e signos que definen clinicamente un estado patolóxico.

    2. Conxunto de síntomas que son característicos dunha determinada situación e que poden causar temor.

    3. Forma conxénita de discapacidade psíquica que se debe a un defecto no cromosoma 21, por mor dunha trisomía, dunha translocación ou dun mosaicismo, que se caracteriza por presentaren os individuos a cara redonda e plana, cabeza braquicéfala e ollos oblicuos e con epicanto.

    4. sida.

    5. Trisomía 18 que produce hipertonía muscular, atraso psicomotor, alteracións craniais, labio leporino, orellas malformadas de implantación baixa, e mans en que os dedos índice e maimiño están enriba, respectivamente, do dedo medio e anular.

    6. Aberración cromosómica numérica que se caracteriza por unha trisomía gonosómica (o cromosoma 23 é xeralmente XXY), que se manifesta por unha insuficiencia da función endocrina testicular, testículos pequenos, xinecomastia, retraso mental e infertilidade.

    7. Conxunto de trastornos mentais que se asocian a unha polineurite e que consisten en amnesia anterógrada, desorientación e tendencia á cofabulación e perda da memoria.

    8. Trastorno hereditario do tecido conectivo que produce alteracións oculares e óseas nas articulacións e nalgúns órganos.

    9. Aberración cromosómica numérica que consiste na trisomía autosómica do cromosoma 13 e que presenta varios signos, como atraso mental, malformacións auriculares e microcefalia. OBS: Tamén se denomina trisomía 13 e trisomía D.

    10. Cadro que se caracteriza por obesidade, talle baixo, criptorquidia, diabete e merma das capacidades intelectuais, propio dun individuo que ao nacer presentou unha atonía muscular grave.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Abertura feita nunha parede, ou noutra superficie, para dar paso á luz e ao aire.

      2. Armazón de madeira ou doutro material con vidros que pecha esta abertura.

      3. entá que permite que as follas se poidan mover de xeito horizontal seguindo unhas guías.

      4. entá que permite que as súas follas se poidan mover de xeito vertical seguindo unhas guías.

      5. entá que ten dúas follas fixadas con bisagras nun mesmo marco.

      6. entá dunha folla que xira ao redor dun eixe horizontal ou vertical que está situado pola metade da súa altura ou anchura, respectivamente.

      7. entá que ten o van dividido en tres luces, o central maior ca os laterais.

    1. Abertura dun instrumento para deixar pasar unha radiación.

    2. Orificio que presentan os órganos.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO