ingratitude

ingratitude

lat ingratitūdine

Plural: ingratitudes
  1. s f

    Calidade de ingrato.

  2. s f

    Acción ingrata.

Antónimos

Citas

  • Demostrou unha enorme ingratitude cos que lle axudaran
  • Non se lle esquece aquela ingratitude que con el cometeran

Refráns

  • A ingratitude seca a fonte da piedade.
  • As boas obras páganse con outras; e, ás vegadas, con outra malas.
  • Cría corvos e sacaranche os olIos.
  • Está o inferno cheo de mal agradecidos.
  • Face-Io mal polo ben, non o fagas a ninguén.
  • Hoxe entra mandando quen onte entrou rogando.
  • Moitas veces págase unha obra boa con outra mala.
  • Non é galiña boa a que come na casa e pon o ovo fóra.
  • O que non agradece, ao demo se parece.
  • O que non é agradecido non é ben nacido.
  • O que onte entrou rogando, hoxe xa entra mandando.
  • Paxaro de mal natío o que caga no niño.
  • Por ben facer, mal haber.
  • Por facer o home ben, vénlIe ás veces o mal.
  • Poucos son os que se acordan de santa Bárbara mentres non trona.
  • Quen dá pan ao alIeo can, perde o can e perde o pan.
  • ¡Así paga o demo a quen o serve!
  • ¡Malia o can que se esquece de quen lle dá o pan!