muda

muda

mudar

Plural: mudas
  1. s f

    Acción de mudar ou de mudarse.

  2. s f [ZOOL ]

    Proceso de cambio das estruturas epidérmicas protectoras de determinados animais, especialmente dos artrópodos, dos réptiles, das aves e dos mamíferos. Este fenómeno implica o cambio da epiderme, das plumas, dos cornos e da pelame, respectivamente, e vai unido ás necesidades de crecemento, a fenómenos sexuais ou á adaptación a un medio flutuante.

  3. s f

    Conxunto de roupa que se pon dunha vez, especialmente a branca ou interior.

Sinónimos