polinomio

polinomio

poli- + gr νόμος ‘división’

Plural: polinomios
  1. s m [MAT ]

    Suma formal de produtos de números, denominados coeficientes, por elementos denominados variables, ás que se lle atribúen só as propiedades alxébricas máis simples.

  2. principio de identidade de polinomios [MAT ]

    Proposición segundo a que se dous polinomios de grao n nunha variable toman os mesmos valores numéricos para máis de n valores da variable, son idénticos, é dicir, teñen os coeficientes respectivamente iguais.