intercambio
inter- + cambio
-
s
m
Acción ou efecto de intercambiar.
-
s
m
[ECON ]
Cambio ou permuta de bens e servizos que realizan dúas ou máis persoas, sociedades ou entes entre si.
-
s
m
[METEOR ]
Fenómeno que ten lugar entre dúas masas de aire.
-
intercambio de notas/de cartas
[DER ]
Acto diplomático constituído por dous documentos ou máis que se dirixen mutuamente os representantes de dous gobernos.
-
intercambio iónico
[QUÍM/FÍS ]
Proceso químico-físico segundo o que, ao pórse en contacto unha solución iónica cun intercambiador iónico, esta experimenta a fixación dos catións ou dos anións, co cambio, respectivamente, de cantidades equivalentes de catións ou de anións, procedentes do intercambiador, que son liberados do seu retículo e pasan á solución.
-
intercambio isotópico
[FÍS ]
Substitución mutua de átomos dun mesmo elemento, entre dúas moléculas, pero isotopicamente diferentes.
-
intercambio xénico
[XEN ]
Fenómeno que ten lugar durante o entrecruzamento e que consiste nun cambio entre segmentos equivalentes dunha parella de cromosomas e, polo tanto, de material xenético.