"OAS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1862.

    1. Relativo ou pertencente aos ascaláfidos.

    2. Insecto da familia dos ascaláfidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos neurópteros, que comprende individuos coas antenas moi longas, acabadas en forma de paleta ou de maza. Teñen as ás moi reticuladas da cor do xofre ou amarelo leitoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de transporte intermitente de persoas en sentido vertical ascendente e descendente, que está composto por unha cabina e por un contrapeso que corre entre dúas guías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntanza de persoas reunidas para deliberar e tomar acordos.

      1. Toque de timbal ou trompeta para a reunión e formación das tropas.

      2. Reunión numerosa de tropas para ser instruídas ou para entrar en campaña.

    2. Reunión de todos os compoñentes dunha sociedade, corporación e, en xeral, de calquera persoa xurídica, que constitúe o máximo órgano deliberante.

    3. Congreso dun partido político.

    4. Asemblea extraordinaria que establece un novo texto constitucional.

    5. Órgano composto por todos os traballadores da empresa que ten a finalidade de controlar os representantes obreiros nos diferentes espazos de actuación dentro da empresa.

    6. Reunión de fieis destinada a proclamar e escoitar a palabra de Deus contida na Biblia ou a celebrar a Eucaristía.

    7. Cámara baixa ou primeira cámara da República francesa, que ten a súa sede no Palais Bourbon de París. Está formada por 577 deputados, elixidos mediante sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asentir.

    2. Palabras coas que se asente.

    3. Permiso para que alguén realice ou diga algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asentar ou asentarse.

    2. Calquera superficie ou moble que serve para sentar.

    3. Lugar ocupado por alguén que está sentado.

    4. Depósito das partículas suspendidas nun líquido.

      1. Parte dun determinado elemento por onde este asenta nunha superficie.

      2. Capa de argamasa sobre a que se colocan os ladrillos cando se pavimenta.

      3. Descenso dos materiais dun edificio por maior unión ou compactividade, causada polo peso duns sobre os outros.

      1. Inscrición ou anotación de datos no libro dun rexistro.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento social onde se aloxa a xente desvalida.

    2. Acción de recoller a alguén nun lugar.

    3. Lugar onde se ofrece protección e refuxio.

    4. Protección concedida aos refuxiados políticos nos edificios das misións diplomáticas, consulados, barcos de guerra ou avións militares.

    5. Protección que un estado dá aos estranxeiros que foxen dun país por mor de persecucións políticas, raciais ou relixiosas.

    6. Inmunidade recoñecida ao perseguido que toma por refuxio protector un lugar sagrado.

    7. Inmunidade que adquiren persoas non súbditas dun estado, que teñen a súa vida ou a súa liberdade en perigo pola actuación das autoridades doutro país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de asistir a un lugar.

    2. Conxunto dos asistentes.

    3. Acción de asistir a alguén.

    4. Pase da pelota a un xogador situado fronte á meta contraria e que ten como resultado a consecución dun tanto.

    5. Dereito irrenunciable que ten toda persoa detida a designar avogado para que o asista en todas as declaracións e dilixencias que se practican para a súa identificación.

    6. Conxunto de servizos que mantén a administración pública para axudar, case sempre gratuitamente, aos que non dispoñen de medios económicos para satisfacer as súas necesidades ineludibles.

    7. Conxunto de actividades públicas ou privadas que teñen como finalidade axudar a persoas e satisfacer as necesidades que non estean ao alcance dos seus medios.

    8. Función propia do avogado especialmente necesaria nos litixios nos que normalmente non lle son recoñecidas ás partes litigantes a posibilidade de intervir persoalmente para defender os seus dereitos diante dos tribunais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer saír os mocos do nariz cunha expiración forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asociar ou de asociarse.

    2. Rango básico no sistema fitosociolóxico de clasificación. O nome fórmase a partir do nome científico dunha ou de dúas plantas presentes na diagnose orixinal do sintaxon e defínese por uns inventarios florais.

    3. Unión de diversas persoas cun vínculo xurídico para un fin común.

    4. Agrupación de diversas persoas, vinculadas xuridicamente, para a obtención dun fin non lucrativo que exclúe a obtención por parte dos asociados dunha ganancia proporcional ás cotas ou participacións preestablecidas.

    5. Unidade ecolóxica na que dúas ou máis especies se atopan máis frecuentemente emparelladas do que se esperaría se se desenvolvesen independentemente.

    6. Figura que consiste en aplicar a moitos iso que se refire implicitamente a un só.

    7. Formación de especies moleculares relativamente complexas pola unión de dúas ou máis moléculas simples dunha mesma substancia.

    8. Grupo formado cos tipos taxonómicos de solos que aparecen xuntos nunha rexión e que presentan unha determinada relación entre eles.

    9. Agrupación dos propietarios de terreos suxeitos ao sistema de execución urbanística de cooperación que, ademais de achegar os terreos de cesión obrigatoria, colaboran coa administración pública na execución das obras de urbanización.

    10. Cultivo simultáneo de dúas ou máis plantas de diferentes especies sobre o mesmo terreo para acadar un maior rendemento económico ou unha mellora na calidade da produción.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia á creación de agrupacions de persoas que comparten certos obxectivos.

    2. Teoría psicolóxica e filosófica segundo a que as sensacións constitúen os elementos orixinarios da consciencia, das que derivan todas as outras actividades psicolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO