asento

asento

sentar

Plural: asentos
  1. s m

    Acción e efecto de asentar ou asentarse.

  2. s m

    Calquera superficie ou moble que serve para sentar.

  3. s m

    Lugar ocupado por alguén que está sentado.

  4. s m

    Depósito das partículas suspendidas nun líquido.

  5. s m
    1. Parte dun determinado elemento por onde este asenta nunha superficie.

    2. Capa de argamasa sobre a que se colocan os ladrillos cando se pavimenta.

    3. Descenso dos materiais dun edificio por maior unión ou compactividade, causada polo peso duns sobre os outros.

  6. s m
    1. Inscrición ou anotación de datos no libro dun rexistro.

    2. Contrato de fornecemento de exércitos ou asilos.

    3. Tratado ou axuste de paces.

  7. s m [HIST/ECON ]

    Contrato establecido entre a monarquía hispánica e particulares, polo que aquela outorgaba en arrendamento por un tempo estipulado o monopolio dunha explotación comercial relacionada coas colonias americanas.

Sinónimos

Citas

  • Este viño deixa moito asento
  • Estivemos traballando toda a tarde aínda que fixemos un pequeno asento ás sete
  • Fomos ver o partido e cando chegamos xa case non había asentos
  • Non conduce con présa porque é unha rapaza con moito asento
  • Non me resultan cómodos os asentos deste autobús

Frases feitas

  • Facer/ter bo/mal asento. Ter boa ou mala disposici

  • Non quentar o asento. Durar pouco tempo no mesmo posto de traballo.

  • Ser cu de mal asento. Non parar quieto.

Palabras veciñas

asente asentimento asentir asento asento aseo asépalo -la