asilo

asilo

lat asylu ‘lugar inviolable’ gr ἄ σιλον ‘inviolable’

Plural: asilos
  1. s m

    Establecemento social onde se aloxa a xente desvalida.

  2. s m

    Acción de recoller a alguén nun lugar.

  3. s m

    Lugar onde se ofrece protección e refuxio.

  4. asilo diplomático [DER ]

    Protección concedida aos refuxiados políticos nos edificios das misións diplomáticas, consulados, barcos de guerra ou avións militares.

  5. asilo político/territorial [DER ]

    Protección que un estado dá aos estranxeiros que foxen dun país por mor de persecucións políticas, raciais ou relixiosas.

  6. asilo relixioso [DER ]

    Inmunidade recoñecida ao perseguido que toma por refuxio protector un lugar sagrado.

  7. dereito de asilo [DER ]

    Inmunidade que adquiren persoas non súbditas dun estado, que teñen a súa vida ou a súa liberdade en perigo pola actuación das autoridades doutro país.

Sinónimos

Citas

  • Busquei asilo na casa dos meus avós para superar a enfermidade
  • Onte chegaron ao asilo dous vellos que xa non se valían sós
  • Os seus pais déronme asilo na súa casa