"usca" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 277.

    1. Facer que algo ou alguén deixe de estar ofuscado.

    2. Deixar algo ou alguén de estar ofuscado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser superior, dotado de atributos sobrenaturais, ao que se lle rende culto.

    2. Ser supremo. O concepto de Deus, que naceu como resposta ao misterio da existencia, pode aplicarse a unha potencia única (monoteísmo) ou ao conxunto de seres sobrehumanos que dominarían cadanseu ámbito da realidade (politeísmo).

    3. Persoa ou cousa pola que se sente veneración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude do que busca diferenciarse de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moeda metálica ou billete cun valor determinado e de curso legal.

      2. Riqueza ou bens que posúe unha persoa, considerados no seu valor monetario.

      3. Suma considerable de cartos.

      4. Diñeiro que se obtén das ganancias feitas sen deixar constancia nos rexistros obrigatorios, para eludir a tributación ou para usalo en actividades paralelas ou ilícitas.

    1. Convención humana pola que se elixe un signo determinado que recibe uns valores de cambio concretos aceptados por todos e que permite realizar con maior facilidade as transaccións nos mercados.

    2. Denario romano.

    3. Unidade monetaria inferior do sistema carolinxio, que se utilizou en Europa durante a Idade Media e en parte da Idade Moderna, que tomou o seu nome do denario romano.

      1. Moeda de billón de prata, cuñada en Castela e León desde o reinado de Afonso VI no s XI.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utilizar a mente para tratar de buscar a solución a algo.

    2. Pensar durante moito tempo nunha cousa.

    3. Pasar o tempo ou transcorrer un acontecemento ou acción no tempo.

    4. Correr un líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de dividir ou dividirse.

      2. Operación aritmética, inversa á multiplicación, que consiste, dados os números a (o dividendo) e b (o divisor), en localizar un número c (o cociente), de maneira que o produto bxc sexa igual a a.

      3. Especialización das unidades económicas ou traballadores nunha tarefa determinada que constitúe unha parte do proceso produtivo completo.

      4. Conxunto de dúas parellas de puntos A,B e C,D dunha mesma recta, tales que os dous puntos dunha mesma parella dividen o segmento formado polos outros dous puntos nas razóns opostas AC/AD = BC/BD.

      1. Cada unha das partes ou grupos en que se divide algo.

      2. Categoría sistemática, sinónima de filo, que se emprega nos vexetais, en que se dividen os reinos e que agrupa as clases.

      3. Clasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.

      4. Conxunto de equipos que participan nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico ben en función de méritos deportivos contraídos con anterioridade, ben porque, sen reuniren eses requisitos, cumpren outras condicións requiridas na regulamentación.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que lles proporcionan zume aos insectos polinizadores, especialmente dípteros, polo que se benefician do transporte do pole que realizan os insectos que buscan alimento nelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as facultades perturbadas pola inxesta dunha cantidade desmesurada de bebida alcohólica. Tm s.

    2. Que está trastornado ou ofuscado por algo, especialmente por unha paixón ou emoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Administración ordenada dos bens dunha comunidade, Estado, establecemento ou familia.

    2. Estado de riqueza dun país, dunha empresa ou dunha persoa.

      1. Ciencia que ten por obxecto a análise da realidade económica, os mecanismos segundo os que se asignan os recursos e se determinan os prezos.

      2. Ciencia que estuda as leis económicas e sociais que dirixen a produción e a distribución dos medios e recursos materiais que cobren as necesidades humanas.

      1. Configuración do funcionamento dun sistema económico.

      2. Sistema económico que participa no comercio internacional de bens e servizos (importación e exportación).

      3. Sistema económico intermedio entre a economía liberal, con ausencia total de intervención estatal, e a economía dirixida ou planificada.

      4. Reestruturación do sistema produtivo dun Estado en situación de excepción, en que todas as forzas produtivas se poñen en función das necesidades bélicas prioritarias.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual con que se pretende lograr a madureza dos individuos e a súa competencia para participar na vida social.

    2. Conxunto de programas e proxectos formativos que crean unha conciencia ecolóxica co obxectivo de promover a relación responsable entre a sociedade e a natureza.

    3. Educación que comprende medidas para superar ou minorar desvantaxes lingüísticas ou intelectuais de nenos e mozos.

    4. Educación que se lles dá, en particular, a persoas que non puideron recibir formación elemental en idade escolar.

    5. Tratamento educativo encamiñado a conseguir a integración social das persoas con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais.

    6. Conxunto de exercicios musculares, concibidos dentro dun programa educativo, que busca a mellora física do individuo ao mesmo tempo que o somete a unha disciplina moral e mental.

    7. Conxunto de accións educativas ou escolares que están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.

    8. Educación de alumnos de diferentes culturas, seguindo uns programas e procesos didácticos revisados, para dar acollida a perspectivas culturais integradoras elaboradas desde o relativismo cultural, aínda que partindo da base axiolóxica dos valores humanos internacionalmente definidos.

    9. Conxunto de accións educativas ou instrutivas que non están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO