diferencialismo

diferencialismo

diferencial

Plural: diferencialismos
s m

Actitude do que busca diferenciarse de algo ou de alguén.

Ex: Termos creados por diferencialismo linguístico.

Citas

  • Termos creados por diferencialismo linguístico.

Refráns

  • Algo vai de Pedro a Pedro.
  • Barro é o home, barro é o xarro mais non son dun mesmo barro.
  • Cada cousa ten o seu precio, que para iso llo puxeron.
  • De Toma un paxaro a Daca un paxaro, van dous paxaros.
  • Digo e redigo que a boroa non é pantrigo.
  • Digo e redigo que a breva nunca foi figo.
  • Digo que a figueira non é figo e así o digo.
  • Fuxir e correr non é todo o mesmo.
  • Moito vai de Pedro a Pedro.
  • Non é o mesmo comer que ver comer.
  • O que digo, digo, que a breva non é figo.
  • Tanto vai dun anano a un xigante, como vai dunha formiga a un elefante.
  • Tódolos días non son iguais.
  • Unha cousa é r:eceitar e outra ben outra é curar.
  • Unha cousa é ver e outra mirar.