educación
lat educatĭōne
-
-
s
Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual con que se pretende lograr a madureza dos individuos e a súa competencia para participar na vida social.
-
educación ambiental
Conxunto de programas e proxectos formativos que crean unha conciencia ecolóxica co obxectivo de promover a relación responsable entre a sociedade e a natureza.
-
educación compensatoria
Educación que comprende medidas para superar ou minorar desvantaxes lingüísticas ou intelectuais de nenos e mozos.
-
educación de adultos
Educación que se lles dá, en particular, a persoas que non puideron recibir formación elemental en idade escolar.
-
educación especial
Tratamento educativo encamiñado a conseguir a integración social das persoas con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais.
-
educación física
Conxunto de exercicios musculares, concibidos dentro dun programa educativo, que busca a mellora física do individuo ao mesmo tempo que o somete a unha disciplina moral e mental.
-
educación formal
Conxunto de accións educativas ou escolares que están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.
-
educación intercultural
Educación de alumnos de diferentes culturas, seguindo uns programas e procesos didácticos revisados, para dar acollida a perspectivas culturais integradoras elaboradas desde o relativismo cultural, aínda que partindo da base axiolóxica dos valores humanos internacionalmente definidos.
-
educación non formal
Conxunto de accións educativas ou instrutivas que non están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.
-
educación para a paz
Educación que intenta contribuír á supresión da violencia en todos os ámbitos sociais e fomentar a acción autónoma e democrática, a xustiza social e a liberdade política no contexto nacional e internacional.
-
educación permanente
Educación que se realiza durante toda a vida do individuo, coa finalidade de completar a súa formación inicial, para reciclarse ou como desenvolvemento global da persoa.
-
educación popular
Movemento socioeducativo que acadou certa extensión e relevancia nas décadas de 1960 e 1970. Naceu, vinculado a procesos de loita política de orientación de esquerdas, para facilitar unha oportunidade formativa a sectores de poboación con déficits culturais.
-
educación sexual
Educación que pretende ilustrar sobre a mediación cultural, social e política da relación individual e social co sexo e conducir a unha configuración consciente, satisfactoria e responsable da propia sexualidade.
-
educación social
Conxunto de iniciativas, experiencias e prácticas educativas que, ao tempo que se contextualizan en diferentes realidades sociais, promoven accións socioeducativas de natureza complexa e interdisciplinar.
-
educación vial
Educación para coñecer o tránsito automobilístico, as regras que o rexen e a condución de vehículos.
-
filosofía da educación
Reflexión sistemática sobre os ideais e as finalidades educativas e pedagóxicas e tamén sobre a licitude mesma de educar.
-
s
-
s
f
Adecuación do comportamento dunha persoa ás normas de trato social.
-
s
f
Desenvolvemento ou perfeccionamento dunha facultade, función ou capacidade.
Confrontacións
cortesía, urbanidadeCitas
- Debe fomentarse a educación da memoria, A educación da súa voz permitiulle cantar coma os anxos
- Sempre se distinguiu pola súa boa e refinada educación, É de mala educación cuspir no chan, Debes pedir permiso con educación
Refráns
- A arboriña, dende pequeniña; a arborecha, dende pequerrecha.
- A besta boa dálle vara e espora.
- A estopa, como é fiada; a moza, como é criada.
- A letra con sangue entra.
- A moita liberdade bota a perder ás veces a mocidade.
- A moza como é criada, a estopa como é fiada.
- a neno, súa nai castígueo, límpeo, fárteo; e, se non quere calar, déixeo chorar.
- a que ameaza ao cabalo, ás veces faino malo.
- Aprende chorando e sairás gañando.
- Bo exemplo e boas razóns gañan moitos corazóns.
- Cada un é segundo se cría e na boa crianza está a fidalguía.
- Cando o vello é gaiteiro ¡que fará o mozo solteiro!
- Co pau, o bo faise mellor e o malo peor.
- De becerro verás o boi que terás.
- fillo mimado, fillo mal criado.
- Máis"te quero ver morto que torto.
- Nai facendosa fai a filla preguiceira.
- Nai moi goberneira, filla preguiceira.
- Neno criado por avó nunca foi bo.
- Neno criado por avó nunca poderá ser bo.
- Non hai mellor razón cá do pau.
- Non hai razón coma a do bastón.
- Ó bo, por amor; e ao malo, por temor.
- O cardo que ha de picar, xa espiñas trae ao nacer.
- O neno moi regalado sempre anda enfurruñado.
- O neno, castigalo de pequeno.
- O neno, castigalo de pequeno.
- O que no berce se aprende, só na cova se esquece.
- O que no berce se.aprende, tarde ou nunca se esquence.
- O que no leite se mama, na mortalla se derrama.
- O que no leite se mama, tarde ou nunca se esquece.
- Os nenos, castigalos de pequenos; que, despois que crecen, non hai castigo para eles.
- Para o fillo máis querido o mellor regalo é o castigo.
- Quen de mozo bailou ben, de vello inda Ile dá un xeito.
- Quen malas mañas ten no berce, tarde ou nunca as perde.
- Se moito as gabas e regalas, as boas fillas volveralas malas.
- Se o neno empeza a chorar, acaloumíñeo súa nai; e, se non quere calar, déixeo chorar.
- Vale máis tunda de pai que acariño de amo.
- Vezaches as túas fillas de solteiras e enchéronse de herbas as tú as leiras.
- ¿Criaches e non ensinaches? Non criaches.