economía
lat oeconomĭa gr ο ἰ κονομία
-
s
f
Administración ordenada dos bens dunha comunidade, Estado, establecemento ou familia.
-
s
f
Estado de riqueza dun país, dunha empresa ou dunha persoa.
-
-
s
Ciencia que ten por obxecto a análise da realidade económica, os mecanismos segundo os que se asignan os recursos e se determinan os prezos.
-
economía política
Ciencia que estuda as leis económicas e sociais que dirixen a produción e a distribución dos medios e recursos materiais que cobren as necesidades humanas.
-
s
-
-
s
Configuración do funcionamento dun sistema económico.
-
economía aberta
Sistema económico que participa no comercio internacional de bens e servizos (importación e exportación).
-
economía concertada
Sistema económico intermedio entre a economía liberal, con ausencia total de intervención estatal, e a economía dirixida ou planificada.
-
economía de guerra
Reestruturación do sistema produtivo dun Estado en situación de excepción, en que todas as forzas produtivas se poñen en función das necesidades bélicas prioritarias.
-
economía de mercado
Sistema de produción en que predominan as relacións mercantís. É característico dos estados capitalistas.
-
economía mixta
Sistema que permite harmonizar a colaboración entre as colectividades públicas e a iniciativa privada.
-
economía pechada
Sistema económico en que non se produce ningunha clase de intercambio co exterior, que pode dar lugar a unha situación de autarquía.
-
economía social de mercado
Sistema económico, dentro do ámbito do capitalismo, que admite unha actividade reguladora do goberno nas actividades económicas, co obxectivo de paliar as desigualdades sociais.
-
economía somerxida
Conxunto de actividades de produción e de servizo realizadas fóra do sistema de regulación administrativa para evitar o cumprimento das obrigas fiscais ou laborais e aforrar os custos indirectos.
-
s
-
s
f
[ECON ]
Ganancias que obtén unha empresa mediante a redución dos custos medios de produción como consecuencia dunha mellor organización do seu funcionamento ou tecnoloxía ou da súa relación con outras unidades de produción.
-
s
f
-
Moderación nos gastos.
-
Uso adecuado de algo que supón o máximo rendemento co mínimo gasto necesario.
-
Redución dos gastos.
-
-
s
f pl
Cantidade de cartos que se ten aforrada.
-
s
f
Sistema de organización ou coordinación entre os compoñentes dunha estrutura.
-
s
f
[MED ]
Conxunto harmónico de aparatos orgánicos coas leis e as funcións que os regulan.
-
s
f
[BIOL ]
Adecuación e ordenación no ser vivo dos órganos e das funcións vitais en relación cos procesos catabólicos e anabólicos.
-
economía ambiental
Ciencia económica que, nas súas teorías, análise e cálculo de custos, inclúe a variable ambiental e formula medidas económicas para o manexo do medio natural e e a súa xestión.
-
economía da educación
[EDUC ]
Parte da economía aplicada que ten por obxectivo a análise da influencia da educación nos fenómenos económicos e tamén dos aspectos económicos da educación (custos, financiamento).
-
economía lingüística
[LING ]
Principio formulado por André Martinet que consiste no equilibrio estatístico existente nunha lingua destinado a obter o máximo poder comunicativo cun esforzo lingüístico mínimo.
Confrontacións
aforroCitas
- A economía dese país é moi estable
- Economía de esforzos
- Hai que facer moitas economías nos últimos días do mes
- Investiu todas as súas economías nunha vivenda
- O tesoureiro ocúpase da economía da asociación de veciños, Sempre discuten pola economía doméstica
- Viven con moita economía
Refráns
- A que ten o liño e dá a fiar, é coma a que pare e dá a criar.
- Achegador de cinsa e esparexedor de fariña.
- Cousa que non se venda, ninguén a sementa.
- Debe facerse a obra co diñeiro que sobra.
- Diñeiro chama diñeiro, pero é o máis ao menos.
- Non hai moito que abonde nin pouco que non chegue.
- Non hai moito que non se acabe nin pouco que non se alcance.
- Non hai moito que non se gaste nin pouco que non baste.
- O diñeiro busca o diñeiro.
- Ó que non lle sobra o pan, sóbralle o can.
- O que non ten para pan, que non críe can.
- Onde non se perde nada, sempre algo se gaña.
- Pouca ganancia, a pouco diñeiro.
- Rica é a casa na que un soilo gasta.