deus, deusa
deus, deusa
lat deus
-
s
[MIT ]
Ser superior, dotado de atributos sobrenaturais, ao que se lle rende culto.
-
s
m
[RELIX ]
Ser supremo. O concepto de Deus, que naceu como resposta ao misterio da existencia, pode aplicarse a unha potencia única (monoteísmo) ou ao conxunto de seres sobrehumanos que dominarían cadanseu ámbito da realidade (politeísmo).
-
s
Persoa ou cousa pola que se sente veneración.
Citas
- Ese xogador é como un deus para os afeccionados do seu equipo
Refráns
- A Marica Montón Deus llo dá, Deus llo quita e Deus llo pon.
- A quen Deus quere axudar, O vento apáñalle a leña.
- A quen Deus quere ben, a sorte buscalo vén.
- A quen Deus quere ben, cáelle a sopa no mel.
- A quen Deus quere, a casa tella.
- Alá me leve "Dios" onde nos atopemos todos nós.
- Cada un coida o seu negocio e Deus o de todos.
- Cada un é para si e Deus para todos.
- Cando Deus amañece, para todos amañece.
- Cando Deus dá a chaga, dá o remedio para sanala/curala.
- Cando Deus dá a fariña, vén o demo e quítaa.
- Cando Deus dá, non é migalleiro.
- Cando Deus dá, para todos dá.
- Cando Deus non quere, os santos non axudan.
- Cando Deus quere, con tódolos ventos chove.
- Cando Deus quería, eu ben lonxe cuspía; agora que non podo, cuspo ao meu modo.
- Cando é de morte o mal ¡de Deus lle veña o remedio!
- Dá Deus ás á formiga para morrer máis axiña.
- Dá Deus ás á formiga para que morra máis axiña.
- Dáo Deus na eira e tólleo Marta na amasadeira.
- De hora en hora Deus mellora.
- De,us nos dea con que riamos, que bos traballos pasamos.
- Déao Deus na eira e cózao Marta na lareira.
- Despois de "Dios", o pote, a cazola e nós.
- Despois de Deus a ola; todo o demais é parola.
- Deus castiga e non dá pauso
- Deus castiga ÓS que ben quere.
- Deus castiga sen pau e sen pedra.
- Deus comigo, eu con el, el primeiro, eu tras del.
- Deus consente ata ao que mente.
- Deus dá o frío a conforme é o abrigo.
- Deus dá o frío segundo é a roupa.
- Deus dá para todos.
- Deus dea paciencia e mal sen interquenencia.
- Deus é bo pagador.
- Deus é grande; e o mundo, pequeno.
- Deus fai a mercede, mais tamén algo quere.
- Deus molla os xustos e os pecadores, o mesmo polos días que polas noites.
- Deus no ceo e na terra o diñeiro.
- Deus non axuda ao que non se axuda.
- Deus non é vello, pois nace tódolos anos.
- Deus non queda con nada de ninguén.
- Deus non ten toueas mais quita dunhas e pon noutras.
- Deus nos dea ira, que paciencia xa a ternos.
- Deus nos teña da súa man e nos saque do inverno e nos meta no verán.
- Deus que nos ten acá, sen mantenza non nos deixará.
- Deus todo o oe e todo o ve e dálle ao home o que convén.
- Deus todo o sabe, inda que todo o cale.
- Deus vai dereito polo camiño torto.
- Deus, que dá para a cea, dá tamén para a candea.
- En canto un vai e outro vén, Deus dá o seu parabén/o seu ben.
- En Deus espera pero, mentres, arrenda.
- En pequen a hora Deus obra e mellora.
- Hoxe mal, mañá peor: ¡vállanos noso Señor!
- Máis Ile vale a quen Deus axuda que a quen moito madruga.
- Mellor vai quen Deus axuda, ca que n moito madruga.
- Non é o que a lúa pinta, que é o que Deus dicta.
- Non fere Deus coas dúas mans.
- Non hai mal a onde Deus non acuda.
- O home propón e Deus dispón.
- O que estea de Deus non o leva o demo.
- Ou a Deus ou ao demo ninguén deixa de servilos, senón o que serve a entrambos.
- Se Deus non me quere, o demo me roga.
- Se Deus quer, non nos ha faltar que comer.
- Sempre Deus pon o remedio, onde a morte a enfermidade.
- Tocan á misa: Deus nos perdoe, se non podemos oíla.
- Vale máis quen Deus axuda ca que n moito madruga.
- ¡Deus di ante e o carro que cante!
- ¡Deus nos queira gardar do que non nos sabemos librar!
- ¡Deus perdoe ÓS mortos e con saúde os enterremos!
- ¡Deus sexa louvado, que témo-Io curral estrado!
- ¡Deus vos manteña e máis que veña!
- ¡Fortuna che dea Deus, fillo, que o saber pouco che abonda!
- ¡Que Deus te socorra e a min que non me desampare!