"Regal" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 53.

    1. Talo das plantas herbáceas, especialmente o do toxo e o da col.

    2. Ferradura que se lle pon ao gando bovino que ten o casco brando.

    3. Peza de metal con forma de cilindro na que se enrola o fío que se emprega nas máquinas de coser ou no tear.

    4. Regalo de pezas de pan de trigo por motivo dun casamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma especial do intradorso dun arco ou dunha bóveda, máis alto no interior ca no exterior, que ten o fin de permitir nunha parede grosa a apertura dos batentes das portas e das fiestras e pregalos no groso da parede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica á actividade da cetraría.

    2. Persoa que cría e adestra as aves de presa para empregalas na cetraría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta dura e ríxida dun animal, como a calcaria da maior parte dos crustáceos e dos moluscos, e os ósos dos quelonios.

    2. Peza cun burato en que encaixa, para logo xirar, o fuso do lagar, o rodicio do muíño ou o eixe das portas, semellante á cancela.

    3. Instrumento de percusión, típico da tradición musical popular galega, formado por dúas valvas de vieira que emiten son ao fregalas unha contra a outra pola parte convexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer alguén, de xeito voluntario, que algo pase a ser doutra persoa.

    2. Xurdir algunha cousa doutra que se considera a súa orixe.

    3. Ser causa de que algo ou alguén adquira unha determinada cousa, calidade ou estado.

    4. Facer que algo teña certa forma ou características.

    5. Deixar ver algo, como mostras, sinais ou probas.

    6. Publicar ou dar a coñecer algo.

    7. Mostrar ou executar un espectáculo.

    8. Facer que alguén dispoña da situación que se expresa.

    9. Atribuír un significado ou un valor a algo.

    10. Propinar un golpe a alguén.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual con que se pretende lograr a madureza dos individuos e a súa competencia para participar na vida social.

    2. Conxunto de programas e proxectos formativos que crean unha conciencia ecolóxica co obxectivo de promover a relación responsable entre a sociedade e a natureza.

    3. Educación que comprende medidas para superar ou minorar desvantaxes lingüísticas ou intelectuais de nenos e mozos.

    4. Educación que se lles dá, en particular, a persoas que non puideron recibir formación elemental en idade escolar.

    5. Tratamento educativo encamiñado a conseguir a integración social das persoas con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais.

    6. Conxunto de exercicios musculares, concibidos dentro dun programa educativo, que busca a mellora física do individuo ao mesmo tempo que o somete a unha disciplina moral e mental.

    7. Conxunto de accións educativas ou escolares que están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.

    8. Educación de alumnos de diferentes culturas, seguindo uns programas e procesos didácticos revisados, para dar acollida a perspectivas culturais integradoras elaboradas desde o relativismo cultural, aínda que partindo da base axiolóxica dos valores humanos internacionalmente definidos.

    9. Conxunto de accións educativas ou instrutivas que non están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza, xeralmente en forma de barra, que nun mecanismo adoita xirar ou sobre a que xira ese mecanismo, e que ao mesmo tempo soporta esforzos, principalmente de flexión e eventualmente de torsión.

      2. Conxunto das rodas dun vehículo e da peza transversal que as une, que soporta, na dirección lonxitudinal do vehículo, unha parte da carga para transmitila ao firme.

      3. Eixe unido mecanicamente ao eixe motor mediante bielas de encaixe ou engrenaxes, propio do ferrocarril.

      1. Recta ou liña imaxinaria sobre a que xira un corpo ou se desenvolve un sistema.

      2. Liña ideal dun órgano ou doutra estrutura anatómica, arredor da que se dispoñen as súas partes constitutivas.

      3. Liña que parte do ápice dun gasterópodo, ao redor da que xira a espiral da cuncha.

      4. Liña imaxinaria, trazada a través dos polos dun corpo celeste, ao redor da que xira ese corpo.

      5. Diámetro que une os dous polos da Terra.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entrante litoral onde a profundidade das augas é escasa e que, por estar resgardado, as embarcacións poden empregalo como abrigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da farmacoloxía que estuda o mecanismo de acción das substancias medicinais para poder empregalas en terapeútica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estado de quen sente gran satisfacción ou contento coas circunstancias da súa vida.

      2. Fin último e ben supremo do home segundo a filosofía clásica. Segundo o eudemonismo, teoría representada por Aristóteles, acádase mediante a razón; segundo o estoicismo, representado por Zenón ou Séneca, mediante o dominio da dor e das paixóns; e segundo o hedonismo, pensamento defendido por Epicuro de Samos, mediante o pracer. Na filosofía moderna, o utilitarismo considera que os homes teñen sentimentos sociais e que se son satisfeitos son unha fonte de pracer.

    1. Cousa, situación ou acontecemento que causa gran satisfacción e contento.

    VER O DETALLE DO TERMO