felicidade

felicidade

lat felicĭtāte

Plural: felicidades
  1. s f
    1. Estado de quen sente gran satisfacción ou contento coas circunstancias da súa vida.

    2. [FILOS ]

      Fin último e ben supremo do home segundo a filosofía clásica. Segundo o eudemonismo, teoría representada por Aristóteles, acádase mediante a razón; segundo o estoicismo, representado por Zenón ou Séneca, mediante o dominio da dor e das paixóns; e segundo o hedonismo, pensamento defendido por Epicuro de Samos, mediante o pracer. Na filosofía moderna, o utilitarismo considera que os homes teñen sentimentos sociais e que se son satisfeitos son unha fonte de pracer.

  2. s f

    Cousa, situación ou acontecemento que causa gran satisfacción e contento.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

dita, gozo

Citas

  • A súa felicidade é ver os fillos contentos
  • Os seus ollos brillaban de felicidade

Frases feitas

  • ¡Felicidades! Expresi

Refráns

  • Cousa cumprida só na outra vida.
  • Non hai mellor regalo có non estar malo.
  • Quen ben está, non se mude.
  • Quen ben se está, ben se estea.