eixe

eixe

lat axe

Plural: eixes
    1. s

      Peza, xeralmente en forma de barra, que nun mecanismo adoita xirar ou sobre a que xira ese mecanismo, e que ao mesmo tempo soporta esforzos, principalmente de flexión e eventualmente de torsión.

    2. s

      Conxunto das rodas dun vehículo e da peza transversal que as une, que soporta, na dirección lonxitudinal do vehículo, unha parte da carga para transmitila ao firme.

    3. eixe montado

      Eixe unido mecanicamente ao eixe motor mediante bielas de encaixe ou engrenaxes, propio do ferrocarril.

    1. s

      Recta ou liña imaxinaria sobre a que xira un corpo ou se desenvolve un sistema.

    2. s [BIOL ]

      Liña ideal dun órgano ou doutra estrutura anatómica, arredor da que se dispoñen as súas partes constitutivas.

    3. s [ZOOL ]

      Liña que parte do ápice dun gasterópodo, ao redor da que xira a espiral da cuncha.

    4. s [ASTRON ]

      Liña imaxinaria, trazada a través dos polos dun corpo celeste, ao redor da que xira ese corpo.

    5. eixe da Terra [ASTRON ]

      Diámetro que une os dous polos da Terra.

    6. eixe de rotación [FÍS ]

      Recta arredor da que xiran todos os puntos dun corpo ou sistema.

    7. eixe de simetría [MAT ]

      Recta ao redor da que posúen simetría as partes dun corpo ou sistema.

    1. s

      Recta ou rectas ás que fan referencia algunha ou algunhas magnitudes para fixar posicións ou facer medicións.

    2. s [MAT ]

      Calquera recta orientada, isto é, recta sobre a que se fixou un sentido arbitrario.

    3. s [CONSTR ]

      Liña que define a posición espacial da infraestrutura nas obras de carácter lineal como ferrocarrís, estradas ou canais, a partir da que se pode obter a posición xeométrica de calquera punto.

    4. eixe cristalográfico [FÍS ]

      Cada un dos tres eixes ortogonais de coordenadas que se escollen para determinar as caras dos cristais.

    5. eixe de coordenadas [MAT ]

      Cada un dos tres eixes que permiten determinar un punto no espazo e que están determinados polo seu versor fundamental.

    6. eixe dun dobramento [XEOL ]

      Liña en que un estrato dobrado ten curvatura máxima.

    7. eixe orográfico/axial [XEOG ]

      Parte central dunha cadea montañosa.

    8. eixe tectónico [XEOL ]

      Cada un dos tres eixes perpendiculares entre si, que corresponden á orientación e magnitude da dirección dos esforzos ou á deformación que sufriu un material e que definen a elipsoide de deformación.

  1. s m

    Persoa, cousa ou circunstancia que forma a parte principal dun conxunto, como o centro arredor do que se moven, actúan ou se acadan os outros elementos.

  2. eixe cuartenario [XEOL ]

    Eixe de simetría de rotación en que a superposición dos elementos simétricos consegue catro veces unha volta completa.

Sinónimos

Confrontacións

centro, núcleo

Citas

  • Engraxaron o eixe do carro
  • O eixe do problema estaba na súa falta de vontade para negociar, A morte era un dos eixes temáticos da novela, A nai era o eixe da familia
  • Rompeu o eixe do batedor

Frases feitas

  • Estar entre o eixe e a roda. Estar nunha situaci

  • Untar o eixe. Facer regalos ou d

  • Partir a un polo eixe. Estragarlle a algu

Palabras veciñas

eivar eivisenco -ca eixar eixe eixido eixo ekoi