cuncha

cuncha

lat concha

Plural: cunchas
  1. s f

    Cuberta dura e ríxida dun animal, como a calcaria da maior parte dos crustáceos e dos moluscos, e os ósos dos quelonios.

  2. s f

    Peza cun burato en que encaixa, para logo xirar, o fuso do lagar, o rodicio do muíño ou o eixe das portas, semellante á cancela.

  3. s f pl

    Instrumento de percusión, típico da tradición musical popular galega, formado por dúas valvas de vieira que emiten son ao fregalas unha contra a outra pola parte convexa.

Sinónimos

Frases feitas

  • Ter moitas cunchas. Ter moita experiencia.