dar
lat dare
-
v t
Facer alguén, de xeito voluntario, que algo pase a ser doutra persoa.
-
v t
Xurdir algunha cousa doutra que se considera a súa orixe.
-
v t
Ser causa de que algo ou alguén adquira unha determinada cousa, calidade ou estado.
-
v t
Facer que algo teña certa forma ou características.
-
v t
Deixar ver algo, como mostras, sinais ou probas.
-
v t
Publicar ou dar a coñecer algo.
-
v t
Mostrar ou executar un espectáculo.
-
v t
Facer que alguén dispoña da situación que se expresa.
-
v t
Atribuír un significado ou un valor a algo.
-
v t
Propinar un golpe a alguén.
-
v t
Dicir ou expresar algo.
-
v t
Levar a cabo a acción indicada polo substantivo que segue.
-
v t
Realizar sobre algo ou alguén a acción indicada polo substantivo que segue.
-
v t
Tocar o reloxo as horas.
-
v t
Prescribir algunha cousa necesaria.
-
v t
Administrar algo que se precisa.
-
v t
Perder algo por un motivo que se considera razoable.
-
v t
Xirar a parte expresada cara a algo ou alguén.
-
v t
Facer algo, normalmente un forno ou un utensilo de cociña, que saia ben cociñado un alimento.
-
v t
Obter como resultado.
-
v i
Ir bater unha cousa contra algo ou alguén.
-
v i
Facer que unha cousa choque contra algo ou alguén.
-
v i
Desaparecer algunha marca ou mancha ao lavala.
-
v i
Estar situado ou orientado cara a unha parte.
-
v i
Ser suficiente.
-
v i
Acometer a alguén un estado físico ou anímico.
-
v i
Ser o resultado correcto ou exacto.
-
v i
Levar a cabo unha actividade con esforzo e constancia.
-
v pron
Desenvolverse adecuadamente as plantas ou os froitos da terra.
-
v pron
Dedicarse á práctica dunha cousa con moito afán e por completo.
-
v pron
Ter lugar un acontecemento.
-
v pron
Saír os alimentos ben cociñados.
Sinónimos
Confrontacións
atinar, comunicar, doar, entregar, regalarCitas
- A fiestra do seu cuarto dá ao mar
- A pedra deu na cabeza do Xan
- A televisión deu unha información contradictoria
- Ana deu con dous dardos na diana e eu dei só con un
- Cando nós dabamos ciencias, non se explicaba iso
- Dá noxo velos tan lixosos
- Daban as cinco cando estabamos saíndo
- Dálle á chave da luz que non vexo nada
- Dáme ben as medidas para facer o traxe, Sempre quere dar a súa opinión, Deu parte ao xulgado do suceso
- Daría a vida por salvar a do seu fillo
- Déchesme unhas cartas moi ruíns e vou perder o xogo, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Doutra volta dás ti
- Démoslles os lapis que había enriba da mesa
- Deron unha cea na súa casa para todos os amigos, Os veciños dan unha festa o domingo que vén
- Déronlle antibióticos para curar a tuberculose
- Déronme permiso para ir á festa desta noite
- Despois do que lle dixo deulle as costas e marchou batendo a porta con forza
- Deu un chimpo e baixou da árbore, Á noitiña sempre dan un paseo
- Deu un concerto a coro para conmemorar o seu décimo aniversario, Nestes cines dan boas películas
- Deu unha conferencia sobre economía, A lección que deu hoxe foi moi ilustrativa
- Deulle cartos para comprar un bocadillo no recreo, Deulle unha leira para facer unha casa
- Deulle toda a información que precisaba para redactar o artigo, Deulle un consello que non seguiu
- Deulle un ataque ao corazón e case morre, Deulle unha arroutada e marchou
- Deulle unha aperta tan forte que case o deixa sen respiración, Sempre lles dá auxilio aos necesitados, Se lle dese un zurcido ao vestido non se lle verían as carnes
- Deulle unha labazada e marchou chorando para a casa
- Deulle unha nova oportunidade no traballo, Deulle de prazo vinte días hábiles, Deulle o motivo perfecto para abandonalo
- Esta árbore dá moi bos froitos, Neste lugar as fontes dan augas medicinais, O taller deulle máis perdas ca ganancias, As accións que teño están a darme intereses moi altos
- Esta mancha só dá con lixivia
- Esta música dáme dor de cabeza, Esa roupa que leva dálle un aire rebelde, Déronlle o emprego que estaba buscando, As túas palabras déronme a forza que necesitaba, Deulle a clave do enigma
- Este forno dá moi ben as tortas de mazá
- Estes cartos non me dan para comprar nada
- Na súa leira danse moi ben as patacas
- Neste exame déronme un sete
- Non dan sinais de vida dende hai tres días, Deu probas da súa boa vontade
- Non lle dá importancia ao asunto, Deulle carácter secreto ao documento
- Nunca se deron enfermidades de corazón na miña familia
- O centeo non dá gran porque está zorro, Esta caixa dá mal cheiro
- O médico deulle uns calmantes para a dor
- Ó podar a árbore deulle forma de barco, A modista dáballe moito ancho á manga da chaqueta, Deulle un ton agresivo ás súas declaracións
- O reloxo da igrexa xa deu as once, imos chegar tarde
- Os da compañía eléctrica deron a luz ás sete
- Os guisos danse mellor nunha pota de barro ca nunha de aceiro
- Pon un chapeo para que non che dea o sol na cabeza, Dáballe o frío na cara e tíñaa toda morada
- Por esta época dánse sempre frecuentes baixadas de temperatura
- Por máis que a repito esta suma non me dá
- Se lle dades forte, ao acabar imos á festa
- Sempre dá os bos días ao chegar
- Tes que darlle un pouco de manteiga ao molde para que non se pegue a torta, Deulle unha man de pintura á casa, Deilles betume aos zapatos
- Todos na vila din que dende que se deu á droga cambiou moito
Frases feitas
-
2 Perder o tempo.
-
A dar co zoco. En abundancia.
-
Dar (en) que pensar. Ter preocupaci
-
Dar a entender. Facer saber algo non abertamente.
-
Dar a xente. Avisar o can cando hai xente estra
-
Dar algo no nariz. Resultar sospeitoso.
-
Dar ansia. Preocuparse.
-
Dar arela. Causar grima ou desaz
-
Dar ben por mal. Devolver favores ou beneficios a algu
-
Dar cabido. Decatarse.
-
Dar dente con dente/as denteladas. Aterecer co fr
-
Dar en brando. Non encontrar dificultades.
-
Dar en casamento. Entregar o pai a filla a un home para casar.
-
Dar en falso. Non conseguir aquilo que algu
-
Dar tino. Facer caso.
-
Dar unha cotenada. Tropezar coa punta do p
-
Darlle a real de inimigo. Rifar moito.
-
Darse coma a chusma/chuzma. Abundar.
-
Ir dar a 1 Ter o seu final nalg
-
1 Axudar.
-
1 Ir contra un mesmo.
-
2 Castigar.
-
2 Ceder unha cousa, especialmente unha peza de roupa.
-
2 Desconfiar que un animal ou unha persoa vai morrer e non resultar certo. Ex: Non daba un carto polo porco e p
-
2 Ir desembocar unha v
-
2 Parar no traballo cando chega a hora.
-
2 Quedar limpo algo que est
-
2 Rematar algo.
-
2 Ter por costume a acci
-
2 Axudar a algu
-
2 Desmaiarse.
-
2 Estimular a algu
-
2 Non acertar.
-
2 Pegarlle a un neno uns azoutes.
-
2 Preitear.
-
3 Abandonar.
-
Dar (de si) 1 Ter capacidade para algo.
-
Dar + participio. Per
-
Dar a calada por resposta. Gardar silencio.
-
Dar a cara 1 Responder dos propios actos.
-
Dar a gana. Apetecer.
-
Dar a luz. Parir.
-
Dar a matar. Dar asa
-
Dar a palabra do morto/mudo. Non dicir palabra.
-
Dar a roncha. Amolar.
-
Dar a senso. Dar creto.
-
Dar a un en que entender. Po
-
Dar a vida. Vir ben. Ex: Os cartos que me tocaron na loter
-
Dar abasto. Ser quen de realizar un labor con moita axilidade. Ex: Non daba abasto coa xente que ti
-
Dar as boqueadas/moqueadas/os boqueos. Agonizar.
-
Dar as laudes. Loar.
-
Dar auga. Prognosticar.
-
Dar cabo dunha cousa 1 Destru
-
Dar cachote. Matar un animal cun golpe na cabeza.
-
Dar capote a un. Deixar avergo
-
Dar casa cuberta. Hospedar.
-
Dar cheda. Andar.
-
Dar co cu no ferrado. Arruinarse.
-
Dar co pai dos melros/Dar no albo/Dar de cheo. Dar co miolo da cuesti
-
Dar coa carga no chan. Caer
-
Dar con un en que. Coincidir nalgunha cousa.
-
Dar con un redondo. Derribar a algu
-
Dar conta de algo. Conseguir realizar ou acabar algunha cousa. Ex: O rapaz non vai dar conta dun bocadillo tan grande. Ese non sei se dar
-
Dar conta dun. Vencer a algu
-
Dar couces contra as paredes. Desesperarse ante o imposible.
-
Dar de bo a bo/dada unha cousa. Dar xenerosamente.
-
Dar de cheo. Acertar con algo. Ex: Coa man deulle de cheo na cara. O programa deu de cheo no p
-
Dar de corpo/de ventre. Defecar.
-
Dar de cu. Quebrar un negocio.
-
Dar de man 1 Pasar de man en man a rede para embarcala.
-
Dar de ollo. Facer se
-
Dar de presente. Pagar con cartos no momento da compra.
-
Dar do que se ten/do seu. Ser dadivoso.
-
Dar en + infinitivo 1 Per
-
Dar en duro. Atopar con dificultades.
-
Dar en van. Facer algo pero sen sacar ning
-
Dar entre o coiro e a carne. Magoar onde m
-
Dar faterna. Burlarse.
-
Dar fe. Asegurar como certo.
-
Dar fondo. Ancorar.
-
Dar gato por lebre. Enganar.
-
Dar gloria/gusto/xenio. Agradar moito.
-
Dar lume cos dentes. Estar furioso.
-
Dar man a algo. Darse ma
-
Dar mastigada unha cousa. Ofrecer algo que xa est
-
Dar moita faterna unha cousa. Dar moito traballo.
-
Dar na cabeza dun. Escarmentar.
-
Dar na cabeza. Contrariar.
-
Dar na ferida/nas mataduras/no vivo/por onde lle doe/por onde peca. Acertar no punto fraco.
-
Dar no chiste. Caer na conta de algo.
-
Dar no fito dun. Lograr un prop
-
Dar nos ollos. Ver.
-
Dar o cabo. Realizar a
-
Dar o logro. Prestar con usura.
-
Dar o si. Dar o consentimento.
-
Dar para peras a un 1 Mallar a unha persoa.
-
Dar pincho. Envorcar un veh
-
Dar por bo. Aceptar como v
-
Dar por feito. Considerar algo como acabado.
-
Dar que + infinitivo. Ser motivo da acci
-
Dar que facer/roer/tecer. Custar traballo e esforzo algunha cousa.
-
Dar que van dando. Devolver unha cousa por outra.
-
Dar terra. Enterrar.
-
Dar tras dun. Perseguir a algu
-
Dar trela. Conversar con algu
-
Dar un aire. Pasear un pouco.
-
Dar un algo por algo. Desexar moito algo.
-
Dar un dedo e coller unha man. Excederse nas atribuci
-
Dar un pao. Dar unha arroutada.
-
Dar un ramo de loucura. Ter pouco siso.
-
Dar un tento. Probar.
-
Dar unha a tortas e outra a dereitas/unha no cravo e outra na ferradura. Facer unha cousa ben e outra mal.
-
Dar unha aldabeada. Dar unha volta por alg
-
Dar unha boa carda. Reprender a alg
-
Dar unha boa felpa/felta. Zoupar a alg
-
Dar unha cousa de comer a un. Proporcionar unha actividade o necesario para vivir a algu
-
Dar unha man
-
Dar unha volta 1 Sentirse enfermo de s
-
Dar unha voz. Chamar por algu
-
Dar unha xeira. Custar algo moito esforzo.
-
Dar volta o calleiro. Vomitar.
-
Dar volta
-
Dar(se) aire. Abanarse.
-
Dar(se) por. Considerar(se). Ex: Era noite e deuse por perdido no medio do monte.
-
Darlle (bo/mal) pago. Tratar ben ou mal a algo ou a algu
-
Darlle a man 1 Dar motivo.
-
Darlle a peta de. Apetecer.
-
Darlle a todo. Saber facer de todo. Ex:
-
Darlle para tras a algo. Non deixar que algo siga o seu curso normal.
-
Darlle polo gusto. Comprar en exceso.
-
Darlle polo pao. Satisfacer a algu
-
Darlle por + infinitivo. Acontecer algo que resulta inesperado. Ex: Despois de tantos anos deulle por estudiar.
-
Darlle un aire. Facer semellante a algo.
-
Darlle un repente a un. Morrer repentinamente.
-
Darlle unha volta a unha moza. Avivar a paix
-
Darlle vinte voltas de moa a unha cousa/Darlle voltas (na cabeza) a algo. Teimar nun asunto.
-
Darlle
-
Darse (ben, mal, etc) unha actividade. Posu
-
Darse (de) conta (de). Decatarse de algo.
-
Darse a cavilar. Po
-
Darse a vello/novo. Aparentar unha determinada idade. Ex: O seu av
-
Darse con un. Aldraxar.
-
Darse cun canto no peito. Conformarse.
-
Darse xeito. Ter ma
-
na cabeza. Pensar.
-
Non dar feito. Non dar rematado algo que se est
-
Non dar golpe/pancada. Non traballar nada.
-
Non dar un can/peso/cadela/etc para unha cousa. Considerar algo sen valor ou de pouca importancia. Ex: Para vicios non che dou un peso.
-
Non dar unha 1 Non traballar pancada.
-
Non dar unha fala. Non dicir nada.
-
Non dar unha sede de auga/nin a merda que caga. Ser un avaro.
-
Non llo dar a fillo de pai. Apreciar moito unha cousa e non lla dar a ningu
-
unha calda/unha carga a un 1 Amoestar a algu
-
¡Quen che dera! Expresi
Refráns
- Á conta do meu compadre, rebandas de pan aos meus afillados.
- A diñeiro dado, brazo crebado.
- A quen lle dan, non escolle.
- A quen mester non ha, non hai para que lle dar.
- Amaga acá e dá acolá.
- Amaga alá e dános acá.
- Ben se ri o diaño, cando o famento dá ao farto.
- Bocado de mal pan non o comas nin o de as ao teu can.
- Cansa quen dá, que quen pide non cansa nin cansará.
- Dá e ten e farás ben e estarás ben.
- Dade e darvos han, que por dar dan.
- Dálle O que quixer ao que che pode coller o que tes.
- Dar con ter, para que nos veñan ver.
- Dar é de amo, recibir é de criado.
- Dar é de señor, recibir é de servidor.
- Dar e de señorío, pedir é necesidade.
- Dar e ter, siso quer.
- Dar por "Dios" a quen ten máis ca nos, é cousa de parvos ou de papos.
- Dar, antes de ame azar.
- Dar, prestar e fiar, todo é dar.
- Do pan do meu compadre, aos meus fillos rebanda grande.
- Do que alleo for, o que o dono quixer.
- Home que dá en vida o que ten, ou é parvo ou tolo ou non anda ben.
- iAí vai o ben que a vella ten!
- Mans que non dades ¿que queredes? ¿que buscades?
- Mellor queto un toma que dous che darei.
- Meu parente Pedro é bo; tanto me el dá, tanto lle eu dou.
- Moito pide o louco e máis louco é quen llo dá.
- No tomar e dar é fácil errar.
- Non dá o que ten máis senón o que está afeito a dar.
- Non dá que n ten senón quen ten e quere.
- Non lle deas millo aos paxaros, que xa cho comerán eles.
- Non lle negues o pan ao pobre que de porta en porta vai, que ese amóstrache o camiño que mañá podes levar.
- Non manda "Dios" dar a quen ten máis ca nós.
- Non tódolos que dan son bos nin tódolos que dan son parvos.
- O dado, dado; e o emprestado, emprestado.
- O dar é honor, o pedir é dor.
- O emprestado é parente do dado.
- O moito dar é véspera do moito pedir.
- Ó mozo que lle sabe ben o pan, é pecado o compango que lle dan.
- O que a can alleo dá pan, perde o pan e perde o can.
- O que come ben o pan é pecado o compango que lle dan.
- O que dá a facenda antes de morrer, merece que o traian a mal traer.
- O que dá a quen o entende, non llo dá, que llo vende.
- O que dá ben vende, se o que recibe entende.
- O que dá o que ten antes de que morra, merece que lle dean cunha cachiporra.
- O que dá o que ten antes que morra, merece que lle dean coa cachiporra.
- O que dá pan a can alleo, perde o pan e perde o cadelo/codelo.
- O que do seu fai alleo, mete pallas no seo.
- O que has dar ao rato, dállo ao gato.
- O que has dar, non o fagas cobizar.
- Ó que lle dan, non escolle.
- O que lle has dar ao rato dállo ao gato.
- O que lle has dar ao rato, dállo ao gato; anque máis come un gato dunha ves, que un rato en tres.
- O que moito dá, logo se cansa.
- O que regala ben vende, se o que colle o regalo entende.
- O que tarda en dar, non sabe dar.
- O que todo o dá, todo o nega/todo o perde.
- Onde unha porta se abre outra se pecha.
- Onde unha porta se pecha outra se abre.
- Para dar e ter, siso é mester.
- Para que n non quere todo me sobra.
- Quen pouco ten e iso dá, logo se arrepentirá.
- Se o has dar, non o fagas cobizar.
- Se o que ten non o dá, o que non ten ¡que fará!
- Tal é a man, tal é o que dá.
- Tanto queixo como pan nunca se debe dar.
- Tanto ten negar como tarde dar.
- Tarde dar e negar, anda á par.
- Unha agulla para a bulsa e para a boca, dúas.
- Vale máis deixar na morte ao inimigo, que pedir na vida ao amigo.
- ¡A esoutra porta, que esta non" se abre!
- ¡A outra porta, que esta está pechada!
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dou
dás
dá
damos
dades
dan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles daba
dabas
daba
dabamos
dabades
daban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dei
deches
deu
demos
destes
deron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dera
deras
dera
deramos
derades
deran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles darei
darás
dará
daremos
daredes
darán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles daría
darías
daría
dariamos
dariades
darían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dea
deas
dea
deamos
deades
dean
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dese
deses
dese
desemos
desedes
desen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles der
deres
der
dermos
derdes
deren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
dá
-
-
dade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dar
dares
dar
darmos
dardes
daren
dada
dados
dadas