"ASP" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 703.

    1. Que inclúe unha adición que produce un aumento cuantitativo.

    2. Calquera substancia que se engade a un produto para mellorar as súas características.

    3. Substancia sen poder nutritivo que se engade aos alimentos, para conservar as súas características, evitar a alteración espontánea ou darlles características particulares de aspecto, gusto, olor ou consistencia.

    4. Procedemento de obtención da cor no cine, no que a bricomia ou a tricomia se logran por síntese aditiva ou por superposición á pantalla de imaxes de diferentes cores.

    5. Propiedades representadas pola suma das propiedades correspondentes dos elementos que o constitúen. A única propiedade absolutamente aditiva é a masa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de ser admitido.

      1. Introdución do vapor no cilindro da máquina de vapor, debido á diferenza de presión entre a caldeira e o cilindro.

      2. Tempo do ciclo dun motor endotérmico, no que o aire ou a mestura gasosa combustible entra no cilindro a causa da aspiración creada polo movemento do pistón.

    2. Acto polo que se concede a un título o dereito de figurar na cotización oficial da bolsa e, polo tanto, de ser obxecto de negociación.

    3. Potestade que ten un local privado para non permitir a entrada a certas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o aspecto ou as propiedades físicas do aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algunha cousa perda beleza de seu.

    2. Recriminar un feito a alguén.

    3. Degradar calquera elemento deteriorándoo.

    4. Tornar feo ou ter mal aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar forma ou aspecto galego. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Raspar os ladrillos, baldosas ou azulexos para igualalos.

    2. Trazar ou marcar liñas rectas paralelas por medio do gramil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, da familia das lauráceas, moi cultivada na maioría dos países cálidos polo seu froito.

    2. Froito tropical en baga da árbore do mesmo nome, de aspecto arredondado e unha polpa manteigosa que cobre unha única e gran carabuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. ento de pouca intensidade.

      1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    4. Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de proteínas ricas en ácido glutámico e aspártico que se atopan en todos os seres vivos.

    2. Produto que se obtén a partir do soro do leite, unha vez separada a lactosa.

    3. Clara do ovo desecada que ten a súa principal aplicación na industria alilmentaria.

    4. Soro sanguíneo desecado, que en xeral provén de sangue de boi. Utilízase como clarificante e na industria fotográfica, téxtil e de adhesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO