agulla

agulla

lat acucula ‘agulla pequena’ dim de acus ‘agulla’

Plural: agullas
  1. s f

    Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

  2. s f
    1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

    2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

  3. s f
    1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

    2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

  4. s f

    Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

  5. s f [ARQUIT/DEC ]

    Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

    1. s

      Barra grosa de ferro, cunha argola nun dos extremos, que era empregada en artillaría para diferentes usos.

    2. agulla de fusil

      Arame delgado que os soldados levaban na correa da cartucheira para limpar e desatascar o canón dos fusís de pistón.

    3. agulla percusora

      Pequena barra de aceiro destinada a bater o fulminante do cartucho nos antigos fusís de agulla. Posteriormente foi substituída polo percusor.

  6. s f [BOT ]

    Folla longa e delgada.

    1. s

      Cada un dos trozos de raíl afiados por un extremo e articulados polo outro, que guían as rodas do ferrocarril nos cambios de vía.

    2. s

      Nome dado a todo o conxunto que constitúe a desviación.

    3. agulla aérea

      Dispositivo que, nas liñas electrificadas, corresponde aos cambios de vía e permite aos pantógrafos pasar axeitadamente dunha catenaria a outra.

    4. agulla de descarrilamento

      Agulla instalada xeralmente en vías secundarias que fai descarrilar o tren ou vagón para evitar que entren nunha vía indebida.

    1. s

      Barra de aceiro imantado, libre para poder xirar enriba dun punto que se orienta na dirección do meridiano magnético do lugar onde se atopa.

    2. s

      Cada unha das barras de aceiro provistas dunha punta cambiable que regulan o diámetro do chorro de cada inxector e, polo tanto, a potencia da turbina, nas turbinas Pelton.

    3. agulla de declinación

      Agulla magnética empregada para medir a declinación magnética.

    4. agulla de inclinación

      Agulla magnetizada empregada para medir a inclinación magnética.

    5. agulla de inxector

      Órgano de regulación fina da cantidade de combustible que pasa do inxector ao cilindro dun motor de encendido por compresión.

    6. agulla estática

      Agulla imantada que grazas á súa construción, non se ve afectada pola acción do magnetismo terrestre.

  7. s f [GRÁF ]

    Punzón de ferro ou de aceiro para debuxar o que se vai gravar á augaforte.

  8. s f [MED ]

    Instrumento punzante, xeralmente unido a unha xeringa que se emprega para inxectar ou extraer substancias no organismo.

  9. s f

    Tira metálica pequena empregada en certos aparellos de medida e precisión para sinalar o correspondente valor sobre unha gradación xa establecida ou ben a posición de equilibrio.

  10. agulla de fonógrafo [TECNOL ]

    Parte móbil dunha cápsula fonocaptora.

  11. agulla de pastor [PLANTA ]

    Planta herbácea anual, da familia das apiáceas, de talo estriado, follas bi ou tripinnadas e froito cilíndrico e comprimido lateralmente.

  12. agulla de portal [HIST ]

    Funcionario que durante a Idade Media cobraba o paso polas portas nunha cidade ou vila amurallada.

  13. agulla do temón [MAR ]

    Cada unha das pezas pequenas sobre as que xiran as porcas do temón.

  14. agulla dos minutos

    Dispositivo que, nun reloxo, sinala os minutos.

  15. agulla xiroscópica [MAR ]

    Instrumento de orientación baseado nas propiedades do xiroscopio.

Sinónimos

Confrontacións

desvío

Citas

  • A agulla sinala sempre o norte magnético
  • As agullas marcan as cinco e media da tarde
  • Cambiaron a agulla a tempo para que non chocaran os trens
  • Collemos un bo feixe de agullas nun saco para facer lume
  • Cóseme o botón coa agulla que tes nesa caixa
  • O helicóptero chocou precisamente coa agulla desa montaña
  • O novo edificio da caixa de aforros ten unha cúpula rematada en agulla
  • O sistema de agullas funciona electronicamente
  • Para a doazón de sangue empregan unha agulla maior
  • Tes que colocar ben a agulla para que suxeite ben o pelo

Frases feitas

  • Buscar unha agulla nun palleiro. Imposibilidade de atopar algo.

  • Non saber enfiar unha agulla. Non saber realizar as tarefas dom

  • Pasar polo cu dunha agulla. Facer algo imposible.

  • Vivir da agulla. Ga

Formas incorrectas

minuteiro