aguacate

aguacate

náhuatl awa’katl ‘testículo, aguacate’

Plural: aguacates
  1. s m [PLANTA ]

    Árbore, da familia das lauráceas, moi cultivada na maioría dos países cálidos polo seu froito.

  2. s m [BOT/ALIM ]

    Froito tropical en baga da árbore do mesmo nome, de aspecto arredondado e unha polpa manteigosa que cobre unha única e gran carabuña.

Palabras veciñas

agrupar agrura agua aguacate aguantar aguante aguapar