aire

aire

lat aere

Plural: aires
  1. s m
    1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

    2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

  2. s m

    O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

  3. s m

    ento de pouca intensidade.

  4. s m
    1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

    2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

  5. s m

    Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

  6. aire acondicionado [TECNOL ]

    Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

  7. aire comprimido [TECNOL ]

    Aire sometido, xeralmente mediante un compresor, a unha presión superior á atmosférica.

  8. aire de combustión [TRANSP ]

    Parte do aire aspirado, consumido na combustión, nos motores de reacción.

  9. aire diluente [TRANSP ]

    Parte do aire aspirado que reduce a temperatura da combustión na entrada da turbina nos motores de reacción.

  10. aire enrarecido

    Aire que, por falta de ventilación nas galerías dunha mina, empobreceu en osíxeno e cargouse de dióxido de carbono e doutros gases.

  11. aire húmido [METEOR ]

    Aire cunha humidade relativa moi elevada, que se condensa doadamente.

  12. aire líquido [QUÍM/IND ]

    Aire que, como resultado dunha serie de compresións, expansións e enfriamentos, pasou ao estado líquido. A principal aplicación do aire líquido é a obtención de osíxeno.

  13. aire saturado [METEOR ]

    Aire que contén toda a cantidade de vapor de auga que pode conter coa súa temperatura.

  14. aire seco [METEOR ]

    Aire que, cando a súa temperatura é moi superior á do punto de xeada, se comporta fisicamente como seco, aínda que conteña vapor de auga.

    1. masa de aire

      Grande extensión de aire que cobre unha área mínima de centenares de miles de km 2 en que as propiedades físicas do aire, temperatura e humidade principalmente, varían pouco en sentido horizontal.

    2. masa de aire antártico

      Masa de aire que se forma sobre a Antártida.

    3. masa de aire ártico

      Masa de aire que se forma sobre o océano Ártico e os mares e estreitos circundantes.

    4. masa de aire ecuatorial

      Masa de aire moi cálido e húmido caracterizada por unha forte ascendencia vertical que provoca intensas chuvias. Orixínase no cinto ecuatorial.

    5. masa de aire polar continental

      Masa de aire extremadamente frío e seco, caracterizada por unha temperatura moi baixa. Orixínase no inverno sobre as masas continentais de América do Norte e Asia.

    6. masa de aire polar marítimo

      Masa de aire frío e relativamente húmido, formada nas altas latitudes dos océanos Atlántico e Pacífico.

    7. masa de aire tropical continental

      Masa de aire cálido e seco, orixinada no inverno sobre a parte de África situada a 10° de latitude N e que no verán se estende por Europa central, Arabia e incluso chega a Asia central.

    8. masa de aire tropical marítimo

      Masa de aire cálido e húmido que se forma sobre os anticiclóns permanentes do Atlántico e do Pacífico.

Sinónimos

Citas

  • A túa irmá Paula ten un aire coa túa avoa
  • Aquel malestar que tiña non estaba producido por unha enfermidade normal senón que era do aire
  • O avión voa polo aire
  • O Xoán colleu un aire do sapo que pisou
  • Ten uns aires de superioridade que bota para atrás
  • ¡Leva un xersei que vai algo de aire!

Frases feitas

  • Cambiar/mudar de aires. Trasladarse a outro lugar temporal ou definitivamente. Ex: Para deixar a s

  • Collelas /pescalas/pillalas no aire. Comprender facilmente. Ex: Non se lle escapa ningunha, sempre as colle no aire.

  • Darlle un aire. Ter un ataque de par

  • Darse aires. Ser moi fachendoso. Ex: A

  • De bo aire. Que est

  • De mal aire. Que est

  • Estar no aire. Estar pendente de resoluci

  • Ficar/quedar no aire. Que est

  • Golpe de aire. Aire en movemento, vento.

  • Matalas no aire. Ser noi r

  • Nun aire. De seguida, agora mesmo. Ex: A soluci

  • Ter un aire. Ter un parecido, unha semellanza.

  • Tomar o aire. Sa