aditivo -va
aditivo -va
lat additivu
-
adx
Que inclúe unha adición que produce un aumento cuantitativo.
-
s
m
Calquera substancia que se engade a un produto para mellorar as súas características.
-
aditivo alimentario
[ALIM ]
Substancia sen poder nutritivo que se engade aos alimentos, para conservar as súas características, evitar a alteración espontánea ou darlles características particulares de aspecto, gusto, olor ou consistencia.
-
procedemento aditivo
[ARTE ]
Procedemento de obtención da cor no cine, no que a bricomia ou a tricomia se logran por síntese aditiva ou por superposición á pantalla de imaxes de diferentes cores.
-
propiedades aditivas
[QUÍM/FÍS ]
Propiedades representadas pola suma das propiedades correspondentes dos elementos que o constitúen. A única propiedade absolutamente aditiva é a masa.
Citas
- Merquei yogures con aditivos
- Substancias aditivas que completan as mesturas