pavillón

pavillón

fr antigo paveillon

Plural: pavillóns
  1. s m
    1. Construción que se ergue por riba doutras construcións contiguas, illada nun patio ou nun xardín, e que depende doutra máis grande.

    2. Construción ou edificio que forma parte dun conxunto, como o dunha exposición, cidade universitaria ou hospital.

    3. [BÉL ]

      Dependencia dun cuartel, onde se aloxan os xefes e oficiais.

  2. s m

    Bandeira, especialmente a dun barco, que indica a súa nacionalidade.

  3. s m

    Tenda de campaña de forma cónica sostida interiormente por un pau cravado á terra con estacas e cordas.

    1. s

      Expansión dilatada que se sitúa no extremo dun conduto.

    2. pavillón auditivo/da orella

      Expansión laminar ancheada de tecido fibro-cartilaxinoso, onde desemboca o conduto auditivo externo e co que forma o oído externo.

    3. pavillón da trompa uterina

      Extremidade ovárica da trompa uterina, en forma de embude.

  4. s m [MÚS ]

    Ancheamento no extremo do tubo dos instrumentos musicais de vento.