banco
xermánico bank ‘banco’
-
m
-
Asento estreito e longo en que poden sentar varias persoas á vez.
-
Táboa que vai fixada de banda a banda en certas embarcacións menores destinada ao asento dos remeiros.
-
-
m
-
Táboa sólida, de madeira ou metal, xeralmente horizontal, que posúe os dispositivos necesarios para efectuar diversos traballos.
-
[TECNOL ]
Estrutura que soporta os diferentes mecanismos de certas máquinas.
-
-
-
Institución económica que acepta ou facilita fondos en préstamo.
-
Oficina onde se desenvolven as actividades dunha entidade bancaria.
-
banco central
Institución económica que ten como funcións esenciais a emisión de billetes, a actuación como prestamista en última instancia, facer de banqueiro ou caixeiro do goberno, operar como xestor e depositario das reservas de ouro e de divisas, e asumir a xestión da débeda pública.
-
banco comercial/de depósitos
Institución, polo xeral privada, que recibe depósitos á vista ou a curto prazo, polos que paga un xuro baixo e sobre o que concede fondos a curto prazo.
-
-
m
[MED ]
Establecemento sanitario destinado á recollida e depósito de órganos e fluídos fisiolóxicos para usos cirúrxicos.
-
-
Grupo numeroso de peixes dunha mesma especie que se desprazan xuntos.
-
banco marisqueiro
Área litoral onde a densidade dalgunha especie de marisco fai interesante unha actividade de extracción.
-
-
m
-
Elevación do fondo dun río ou do mar, pola acumulación de area, que dificulta a navegación.
-
Meseta submarina illada da plataforma continental e rodeada por unha depresión da plataforma.
-
-
m
-
eta dun mineral nunha canteira.
-
Xacemento de mineral que presenta ao descuberto unha cara vertical e outra horizontal.
-
-
m
[ARTE ]
Corpo inferior do retablo dividido en casamentos.
-
banco de datos
[INFORM ]
Conxunto de datos factuais ou numéricos que se almacenan na memoria dun ordenador.
-
banco de memoria
[INFORM ]
Grupo de módulos de memoria aleatoria (RAM) nun ordenador.
-
banco óptico
[FÍS/IMAX ]
Dispositivo destinado a medir o rendemento óptico das lentes e dos obxectivos.
Sinónimos
Confrontacións
arrecife, escolloCitas
- No banco canario-sahariano decretouse un paro biolóxico
- O banco de sangue da vila case non ten reservas para este ano
- Pensamos que o terreo era duro, pero topamos cun banco de arxila
Frases feitas
-
Ser serio como as patas dun banco. Ser moi serio.