banco

banco

xermánico bank ‘banco’

  1. m
    1. Asento estreito e longo en que poden sentar varias persoas á vez.

    2. Táboa que vai fixada de banda a banda en certas embarcacións menores destinada ao asento dos remeiros.

  2. m
    1. Táboa sólida, de madeira ou metal, xeralmente horizontal, que posúe os dispositivos necesarios para efectuar diversos traballos.

    2. [TECNOL ]

      Estrutura que soporta os diferentes mecanismos de certas máquinas.

    1. Institución económica que acepta ou facilita fondos en préstamo.

    2. Oficina onde se desenvolven as actividades dunha entidade bancaria.

    3. banco central

      Institución económica que ten como funcións esenciais a emisión de billetes, a actuación como prestamista en última instancia, facer de banqueiro ou caixeiro do goberno, operar como xestor e depositario das reservas de ouro e de divisas, e asumir a xestión da débeda pública.

    4. banco comercial/de depósitos

      Institución, polo xeral privada, que recibe depósitos á vista ou a curto prazo, polos que paga un xuro baixo e sobre o que concede fondos a curto prazo.

  3. m [MED ]

    Establecemento sanitario destinado á recollida e depósito de órganos e fluídos fisiolóxicos para usos cirúrxicos.

    1. Grupo numeroso de peixes dunha mesma especie que se desprazan xuntos.

    2. banco marisqueiro

      Área litoral onde a densidade dalgunha especie de marisco fai interesante unha actividade de extracción.

  4. m
    1. Elevación do fondo dun río ou do mar, pola acumulación de area, que dificulta a navegación.

    2. Meseta submarina illada da plataforma continental e rodeada por unha depresión da plataforma.

  5. m
    1. eta dun mineral nunha canteira.

    2. Xacemento de mineral que presenta ao descuberto unha cara vertical e outra horizontal.

  6. m [ARTE ]

    Corpo inferior do retablo dividido en casamentos.

  7. banco de datos [INFORM ]

    Conxunto de datos factuais ou numéricos que se almacenan na memoria dun ordenador.

  8. banco de memoria [INFORM ]

    Grupo de módulos de memoria aleatoria (RAM) nun ordenador.

  9. banco óptico [FÍS/IMAX ]

    Dispositivo destinado a medir o rendemento óptico das lentes e dos obxectivos.

Sinónimos

Confrontaciones

arrecife, escollo

Citas

  • No banco canario-sahariano decretouse un paro biolóxico
  • O banco de sangue da vila case non ten reservas para este ano
  • Pensamos que o terreo era duro, pero topamos cun banco de arxila

Frases hechas

  • Ser serio como as patas dun banco. Ser moi serio.