estrato
lat strātu
-
-
s
Cada unha das capas ben diferenciadas en que se presentan xeralmente as rochas sedimentarias.
-
estrato tipo
Sucesión concreta de estratos que serve de patrón para a definición dunha unidade estratigráfica ou dun límite estratigráfico.
-
s
-
s
m
[ECOL ]
Cada unha das capas en que se divide unha biocenose e que presenta características ecolóxicas particulares.
-
s
m
[BIOL ]
Capa ou conxunto de membranas superpostas dun tecido, dun órgano ou de calquera outra estrutura.
-
s
m
Nube baixa que forma unha capa uniforme dunha extensión horizontal relativamente grande, semellante á néboa, pero sen tocar o chan.
-
estrato arqueolóxico
[ARQUEOL ]
Estrato formado pola aparición en disposición horizontal dunha serie de materiais e características que permiten identificar un momento determinado diferente ao anterior ou posterior.
-
estrato social
[SOCIOL ]
Cada un dos grupos ou capas en que se divide a sociedade segundo as diferentes teorías da estratificación social.
-
estrato vexetal
[BOT ]
Capa formada polas plantas dun intervalo de altura determinado.