radial

radial

lat radĭu ‘raio’

Plural: radiais
  1. adx

    Relativo ou pertencente a un raio.

  2. adx

    Aplícase á disposición análoga á dos raios dunha roda.

  3. adx

    Aplícase ás vías que parten dun centro común. Tm s f.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao óso radio.

    2. arteria radial

      Rama terminal da arteria braquial que percorre o antebrazo e en que se toma o pulso debido á súa superficialidade.

    3. músculos radiais

      Primeiro e segundo radio da rexión externa do antebrazo.

    4. nervio radial

      Única rama terminal do plexo braquial que vai parar aos músculos dorsais da extremidade superior.

    5. punto radial

      Punto somatométrico lateral que corresponde á articulación do úmero e o radio.

  4. conduto radial
    1. Conduto que xorde do estómago das medusas e que vai dar á canle circular que bordea a umbrela.

    2. Conduto que nos equinodermos xorde da canle anular e se estende polos brazos ou rexións do corpo do animal, e do que xorden os pés ambulacrais.