radial
lat radĭu ‘raio’
-
adx
Relativo ou pertencente a un raio.
-
adx
Aplícase á disposición análoga á dos raios dunha roda.
-
adx
Aplícase ás vías que parten dun centro común. Tm s f.
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao óso radio.
-
arteria radial
Rama terminal da arteria braquial que percorre o antebrazo e en que se toma o pulso debido á súa superficialidade.
-
músculos radiais
Primeiro e segundo radio da rexión externa do antebrazo.
-
nervio radial
Única rama terminal do plexo braquial que vai parar aos músculos dorsais da extremidade superior.
-
punto radial
Punto somatométrico lateral que corresponde á articulación do úmero e o radio.
-
adx
-
conduto radial
-
Conduto que xorde do estómago das medusas e que vai dar á canle circular que bordea a umbrela.
-
Conduto que nos equinodermos xorde da canle anular e se estende polos brazos ou rexións do corpo do animal, e do que xorden os pés ambulacrais.
-