radiación

radiación

lat radiatiōne

Plural: radiacións
  1. s f

    Acción e efecto de radiar.

    1. s [FÍS ]

      Emisión e propagación de enerxía sen necesidade dun soporte material.

    2. s [FÍS ]

      Partícula elemental emitida polos núcleos radioactivos.

    3. radiación atmosférica / [FÍS/METEOR ]

      Enerxía emitida en forma de radiación electromagnética pola atmosfera como consecuencia do seu quecemento.

    4. radiación contraria / [AERON/METEOR ]

      Porción da radiación atmosférica que é devolta á Terra.

    5. radiación cósmica de fondo [FÍS ]

      Radiación electromagnética proveniente de todas as direccións do espazo, resultado da superposición no espazo das emisións individualmente débiles de fontes que emiten principalmente nas bandas de radio e de raios X.

    6. radiación de freada [FÍS ]

      bremsstrahlung.

    7. radiación efectiva / [FÍS/METEOR ]

      Diferenza ou balance entre a radiación emitida pola superficie terrestre e a absorbida proveniente da atmosfera.

    8. radiación solar / [FÍS/METEOR ]

      Enerxía emitida polo Sol en forma de radiación electromagnética constituída por raios X, raios γ e raios ultravioletas.

    9. radiación terrestre / [FÍS/METEOR ]

      Enerxía emitida pola superficie terrestre en forma de radiación electromagnética, xeralmente localizada na rexión dos raios infravermellos, como consecuencia do quecemento que experimenta a Terra pola absorción da radiación solar.

  2. s f [MAT ]

    Conxunto de figuras xeométricas que teñen un punto común.

  3. radiación adaptativa [BIOL ]

    Conxunto de procesos que deron lugar ás diferenzas entre os grandes grupos de organismos vivos.

Palabras veciñas

rada* radar radarastronomía radiación radiado -da radiador radial