radiante

radiante

lat radĭante, p pres de radiāre ‘escintilar’

Plural: radiantes
  1. adx

    Aplícase ao corpo que emite unha radiación.

  2. adx

    Que se propaga por radiación.

  3. adx

    Que é moi brillante ou luminoso.

  4. adx

    Que manifesta gozo, alegría ou beleza.

  5. s m [ASTRON ]

    Punto do firmamento en que se cortan todas as traxectorias dun enxame de meteoritos que adoitan estar asociados a algún cometa.

Palabras veciñas

radial radián radiancia radiante radiar radicación radical