perfección

perfección

lat perfectĭōne

Plural: perfeccións
  1. s f

    Calidade do que é perfecto.

  2. s f

    Cousa perfecta.

    1. s [FILOS/RELIX ]

      Realización dun fin ou correspondencia de calquera cousa á norma ou tipo, de forma que non pode ser mellorada.

    2. perfección cristiá [RELIX ]

      Práctica do amor a Deus e ao próximo dunha maneira eminente, aínda que sempre perfectible, polo feito de que só Deus é perfecto.

  3. s f [DER ]

    Fase e momento dos actos xurídicos en que, ao concorrer os requisitos, nacen dereitos e obrigas.

Antónimos

Refráns

  • O ben feito ben parece e o que o fai algo merece.
  • O pan ben arrendado énchelle a eira ao seu amo.
  • Pan ben sachado énchelle o cabazo ao amo.